Skip to Content

Maio 2018

Ninguén

de

Fran Alonso

   Nesta obra preséntanse varias historias e personaxes que tratan sobre a convivencia dunha comunidade de veciños e o uso das tecnoloxías como formas de relación. Velaquí algunhas delas: alonsoSara,  farta da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado por mor dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre os hoax, esas falsas cadeas que se envían a través do correo electrónico...
   
    Había outra cousa que lle  molestaba moito das reunións: sempre baixaban os homes. De dez ou doce persoas que lograban reunir as convocatorias da comunidade (dun total de corenta vivendas) non había máis de unha ou dúas mulleres. Como moito, tres. Ás  veces, ningunha. A propia Sara e a do noveno eran as únicas que representaban sistematicamente a propiedade da súa vivenda.
    Cun xesto desafiante, cravou fixamente a pupila na imaxe reflectida no espello do ascensor.ninguén Indignábaa que nunha cidade como aquela aínda fose maiormente ás mulleres ás que se lles encomendaba a tarefa de deitar os nenos e facer a cea (que eles posiblemente non probasen, dadas as horas en que regresaban da reunión)
    Entre a veciñanza habitaba todo tipo de personaxes e as xuntanzas da Comunidade eran o seu mellor retrato. Sara  tiñaos ben catados e clasificados. En todos os lugares onde vivira sucedía o mesmo. Nunca fallaban, por exemplo, os que non pagaban as cotas comunitarias (que en consecuencia tampouco facían acto de presencia nas reunións, por se as moscas). Era o caso do lindante da súa parede, o do lado. E a causa non parecía estar nos problemas económicos ou, cando menos, non era iso o que transmitían os dous luxosos coches e máis a moto que aparcaban no garaxe. Tamén é certo que, cada vez máis xente, vive moi por enriba das súas posibilidades, a base de créditos constantes e interminables. E non conviña esquecer os que facían dos coches un signo de aparencia, mercando marcas e modelos desproporcionados cos seus soldos. Así nunca daban chegado a fin de mes. Logo tamén estaba o que ameazaba incansablemente con ir ao xulgado a denunciar o can do terceiro, que ladraba e ladraba toda a noite. A Sara non lle molestaba demasiado, pero nos pisos próximos debía amolar moito. Ao dono do animal non había quen o fixese entrar en razón: retrucaba que tiña todo o dereito do mundo a ter can na casa e que el non podía impedirlle que ladrase porque era….

Podes ler o primeiro capítulo se premes aquí.
   



page | by Dr. Radut