P. URXENCIAS SANITARIAS. Crises asmáticas.
Crises asmáticas
En casos leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia:
- Tranquilizar a/o alumna/o, buscarlle un ambiente axeitado (relaxado), colocalo nunha postura o máis cómoda posible para respirar. Mantelo en repouso(sentado).
- O persoal que atende o alumno ou alumna en crise debe manter tamén a calma. A relaxación é clave para evitar empeorar a situación.
- Evitar, se é posible, o factor desencadeante e outros irritantes como fume de tabaco ou cheiros fortes.
-No tratamento das crises asmáticas úsanse broncodilatadores inhalados. O alumnado de máis idade está adestrado para o seu manexo e bastará con tranquilizalo e supervisar o seu tratamento. Se a crise é grave poden resultar ineficaces porque o alumno pode ser incapaz de inhalar coa forza necesaria.
Calquera persoa atenderá, segundo o establecido nos plans de autoprotección, e na normativa que regula o deber de socorro, as urxencias que poidan xurdir.
No caso de alumnado asmático, ao tratarse dun trastorno crónico, pautarase desde a súa chegada ao centro a actuación nas crises, segundo o establecido para a atención a enfermidades crónicas.