Skip to Content

M de Música, P de Poesía e N de Nadal

Un ano máis, a música e a poesía serviron de comunicación entre os anciáns acollidos na residencia "San Telmo" e nós. Da primeira ocupáronse os nosos compañeiros que estudan música: comezaron interpretando o himno do antigo reino de Galicia e seguiron con distintas panxoliñas, pezas populares e unha última intervención (dignísimo peche) protagonizada "a capella" polas nosas mellores voces. E polo medio da música un grupiño de recitadores (a maioría recitadoras e representantes dos distintos grupos do noso club) encarnaron as poesías de temática moi acaída para estas datas de autores como a arxentina Delia Arjona, o brasileiro Cyro de Mattos, a cubana Lilliam Moro, os galegos Celso Emilio Ferreiro, Sebastián Mtnez. Rico e Helena Villar Janeiro, o palentino Fernández Nieto e o portugués Albano Martíns.


Moitas grazas a tod@s por ter compartido a vosa xuventude, a vosa ledicia e o voso bo facer musical e lector coas avoas e avós; moitas grazas por facer posíbel un ano máis este xesto de solidaria comunicación interxeracional.



page | by Dr. Radut