Febreiro 2015
BAJO LA MISMA ESTRELLA John Green |
|
John Green nace en Indianápolis, Estados Unidos, o 24 de agosto de 1977. Licenciado en Lingua e Literatura Inglesa e en Teoloxía, tiña pensado continuar os seus estudos para ordenarse como pastor da Igrexa Episcopal, pero o seu traballo nun hospital para nenos con enfermidades terminais leváronlle a preferir converterse en escritor e narrar as súas experiencias. Traballou como asistente editorial, comentarista de libros e produtor dun programa de radio. Actualmente vive en Indianápolis coa súa esposa e dous fillos. As súas obras posúen unha linguaxe directa, sinxela e clara. Están escritas usualmente en primeira persoa, na voz dos seus protagonistas principais. Baséanse en feitos da vida real e cotiá, moitas veces tristes e devastadores, pero reais á fin e ao cabo. Ademais de escritor, John é un popular youtuber. Xunto co seu irmán Hank mantén a canle VlogBrothers, ademais doutros varios proxectos audiovisuais, todos os cales posúen unha considerable audiencia. Están considerados dentro do grupo de youtubers máis influentes A adaptación cinematográfica da novela, protagonizada por Shailene Woodley e Ansel Elgort, estreouse en España en xullo de 2014. Na biblioteca podes atopar tamén Una estrela que non se apaga e El teorema de Katherine. |
|
A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos os dous padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. Por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzzle do que forman parte... | |
Hai varias maneiras de descubrir as expectativas de supervivencia de alguén sen necesidade de preguntarlle directamente, e eu recorrín á clásica. |
|
|