Xuño 2014
PARCO de Jordi Sierra i Fabra |
||
Parco é un adolescente que cumpre condena nun reformatorio por cometer un asasinato. Na súa estanza alí saberemos o que pasa ao seu arredor, como se enfronta ao mundo, de que xeito contraataca os golpes que a vida lle vai dando, a súa visión do ambiente no que vive e no que viviu... Ata que no final do libro comeza a súa verdadeira historia ao darse conta da súa realidade, interna, que o destrúe por dentro... cando se descobre por que decidiu matar unha persoa no medio dun bar repleto de testemuñas. A obra recibiu o X Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Anaya porque, entre outras características “sendo unha historia dura, que é como unha labazada, posúe un regusto de esperanza", sentenciou o xurado. | ||
|
"La tercera pregunta: «Te encuentras una cartera con un millón de euros y una tarjeta con la dirección del dueño. ¿La devuelves o te la quedas?» Mira al hombre.
|
|
Le o primeiro capítulo da novela aquí. | Jordi Sierra i Fabra é un escritor catalán nado en 1947, especialmente coñecido pola súa obra no campo da literatura infantil e xuvenil. Autor prolífico (máis de 400 títulos) recibiu diversos premios literarios, destacando o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2007 pola novela Kafka e a boneca viaxeira. É tamén un estudoso da música rock e pop. Participou na creación de revistas, como Popular 1 ou Super Pop, amais do Trivial Pursuit de rock. |