Skip to Content

Proxecto Lector 2021-2022

PLAN LECTOR DO I.E.S. “SAN PAIO” 2021-2022

Limiar.-

A praxe docente diaria detecta unha serie de eivas que aconsellan incidir na potenciación dos hábitos facilitadores da expresión e comprensión escrita e oral .

Atopamos alumnado, sobre todo nos primeiros cursos da ESO, cunha mecánica lectora e da escrita moi frouxa: pouca velocidade, falta de ritmo e entoación, silabación, omisión da acentuación e da puntuación, faltas de ortografía, defectos na pronunciación e/ou articulación...

Outro grupo de alumnado, cun aparente aceptable nivel de lectura e escritura, mostra dificultades de comprensión (por pobreza de léxico, falta de concentración, dificultades de expresión, construcións anacolúticas, mestura de linguas...) sendo incapaz de redactar ou de transmitir coas súas propias verbas contidos básicos de xeito coherente e intelixible.

Todo isto provoca, en último extremo, desinterese e posible fracaso escolar.

Cómpre contrarrestar a competencia e as facilidades ofertadas por outras fontes de información promovendo accións que subliñen os aspectos formativos, enriquecedores, lúdicos e divertidos da lectura sen obviar os atrancos que debemos vencer.

Como educadores non podemos limitarnos só ao ensino das técnicas para “saber ler”, é hora de dar o salto cualitativo ao “querer ler”, comprender e comunicar o lido, tarefas nas que debe implicarse toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado).

Temos que ser modelos de profesores-lectores-comunicadores. Promover lecturas compartidas e outras actividades que faciliten o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta... Cómpre familiarizarse cos libros, que a nosa circunstancia sexan os libros.

Por outra parte, as excepcionais circunstancias nas que se desenvolveron os dous últimos cursos e que, en certa medida, seguimos a vivir, puxeron en evidencia distintas carencias no dominio e uso das novas tecnoloxías e das ferramentas do ensino-aprendizaxe virtual. As novas xeracións, que considerabamos nativas dixitais necesitan reforzar e capacitarse para afrontar con éxito os retos da aprendizaxe en liña.

Como formadores temos que ser adaís nesta cruzada a prol da alfabetización mediática e informacional que mellorará as nosas propias competencias e as competencias do alumnado cara aos novos métodos e formatos de leito-escritura nas sociedades avanzadas do século XXI.

 

Finalidade.-

Pasar do “saber ler” ao “querer ler”, fomentar o hábito e o pracer lector e contribuír a mellorarascapacidadesexpresivas e leito-escritoraseascompetenciaslingüísticas e informáticas,coordinandoasaccións do profesorado reforzadas coa colaboración activa dos demais membros da comunidade escolar é a finalidade que se propón o presente plan orientado ao logro dos seguintes

 

Obxectivos.-

1. Desenvolverascompetenciasbásicasparaalectura,materiatransversaldetodasas áreas do currículo e ferramenta imprescindible para a aprendizaxe de todas as materias. A tal efecto utilizaremos textos continuos (narración, argumentación, descrición...) e descontinuos (impresos, mapas, táboas...), practicaremos a lectura en códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e con textos literarios, técnicos e funcionais, de diferentes formas (silenciosa, individual, colectiva...)

2. Potenciar as ferramentas lectoras (habilidades mecánicas, comprensivas e léxicas)

3.Relacionar a lectura coa escritura (expresión escrita, ortografía, técnicas de presentación, vocabulario) e a expresión oral.

4. Propiciar a relación íntima e persoal do alumnado con todo tipo de formatos de lectura.

5. Descubrir a sensibilidade literaria do alumnado.

6. Potenciar o uso da biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe de todos os membros da comunidade educativa.

7. Implicar ao profesorado para que dea prioridade ao desenvolvemento das habilidades lectorasentodasas áreasdocurrículoeparticipede maneira activanoplanlector.Para iso cómpre un programa coordinado que recolla os acordos ao respecto consensuados. Os Departamentos deseñarán e orientarán as tarefas a realizar nos distintos grupos e niveis.

8.Favorecer a comprensión lectora e a expresión oral mediante técnicas de traballo persoal e colectivo e potenciar o uso dos dicionarios para resolver dúbidas sobre vocabulario descoñecido.

9. Fomentar o manexo e xestión de dispositivos electrónicos de lectura.

10. Potenciar o coñecemento das novas tecnoloxías e fontes de información.

11. Deseñar, desenvolver e promover actividades cara á consecución dos ODS 2030 (dun xeito especial os obxectivos 4, 5, 10, 11 e 16)

En resumo: Converter a comunidade educativa nunha comunidade de lectores capacitados para os formatos tradicionais e virtuais, paliando desigualdades socioeducativas .

 


Intervencións.-

O plan baséase nas seguintes actuacións:

1. Tempo específico de lectura nas aulas.

1. 1.Programación de lecturas anuais.

2. Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao plan lector.

3.Dinamización da biblioteca do Centro.

4. Actividades extraordinarias de estimulación e fomento da lectura e o mundo dos libros e de promoción da oralidade: tradición oral, expresión, exposicións públicas...

 

Comentamos cada unha destas actuacións:

 

1. Tempo específico de lectura nas aulas: sesións de trinta minutos semanais dende o venres 24 de setembro de 2021 ata o mércores 18 de maio de 2022.

 

DÍA

DATA

HORA

VENRES

24/09/21

1ª (8.45-9.15)

01/10/21

2ª (9.35-10.05)

08/10/21

3ª (10.45-11.15)

15/10/21

4ª (11.35-12.05)

22/10/21

5ª (12.45-13.15)

29/10/21

6ª (13.35-14.05)

LUNS

 

 

 

 

 

 

 

 

08/11/21

1ª (8.45-9.15)

29/11/21

2ª (9.35-10.05)

13/12/21

3ª (10.45-11.15)

20/12/21

4ª (11.35-12.05)

10/01/21

5ª (12.45-13.15)

17/01/22

6ª (13.35-14.05)

24/01/22

7ª (16.20-16.50)

31/01/22

8ª (17.10-17.40)

MARTES

 

 

 

 

08/02/22

1ª (8.45-9.15)

15/02/22

2ª (9.35-10.05)

22/02/22

3ª (10.45-11.15)

15/03/22

4ª (11.35-12.05)

 22/03/22  5ª (12.45-13.15)

29/03/22

6ª (13.35-14.05)

MÉRCORES       06/04/22  1ª (8.45-9.15)
 20/04/22  2ª (9.35-10.05)
 27(04/22  3ª (10.45-11.15)
 04/05/22  4ª (11.35-12.05)
 11/05/22  5ª (12.45-13.15)
 18/05/22  6ª (13.35-14.05)

Acordamos suprimir a actividade ao remate de cada avaliación durante os períodos de exames finais.

 

1.1. Programación de lecturas anuais.

Para o tempo específico semanal común de lectura nas aulas, no presente ano, optamos pola lectura libre, individual e silenciosa (mais non se descarta a práctica de lectura en voz alta, sobre todo nos primeiros cursos da ESO) de materiais aportados polo alumnado e profesorado (ben propios ou ben facilitados pola biblioteca que tamén aporta fondos a aqueles alumnos que, por esquecemento ou apatía, non os traen das súas casas nin os solicitan previamente). Asobrasmáisdemandadas son as de literatura xuvenil, novidades, biografías, divulgación científica e banda deseñada.

Así mesmo a biblioteca aportará materiais sobre todo en formato dixital (escolmas, presentacións, listas de reprodución de vídeos...) coincidindo coas distintas efemérides e conmemoracións. Estes materiais estarán colgados nos espazos da biblioteca dentro da web do centro.

Quedan excluídos como material de lectura os apuntamentos de clase e os libros de texto. Admítense as lecturas obrigatorias e/ou voluntarias establecidas polos distintos departamentos didácticos nos seus respectivos plans anuais de lectura.

 

2. Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao plan lector.

Ás lecturas citadas no apartado anterior cómpre engadir as que ofertan os distintos departamentos, recollidas nos correspondentes proxectos didácticos e adaptadas aos distintos contidos, materias e niveis.

Estes mesmos departamentos colaboran no plan lector con actividades específicas deseñadas para interpretar mapas, planos, estatísticas, gráficos, impresos, recibos, táboas, manuais técnicos... e para capacitar na lectura de códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e no uso racional e didáctico das novas tecnoloxías.

As intervencións dos apartados 3 e 4 aparecen recollidas nas liñas prioritarias de actuación da biblioteca para o presente curso presentadas ao claustro e aprobadas polo Consello Escolar para solicitar a continuidade do noso centro no PLAMBE.

 

Avaliación.-

Cómpre avaliar as diversas accións do plan lector para establecer as medidas correctoras e os cambios necesarios de cara a próximos cursos e así mantelo vivo.

A ferramenta de referencia máis completa neste apartado é Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes? A modo de resumo, os indicadores que máis temos en conta no proceso de autoavaliación son os tres seguintes:

  • Enquisas anónimas entre alumnado e profesorado sobre o desenvolvemento e grao de satisfacción ao remate das principais actividades e por trimestres.

  • Índices de lectura (préstamos, movemento de fondos...) e de asistencia (presencia de usuarios nos tempos de lecer e no horario de clase, actividades lectivas, complementarias ou extraescolares que se desenvolven na biblioteca...) e de participación nas diversas actuacións promovidas dende a biblioteca (concursos...)

  • Percepción da evolución nas capacidades do alumnado: competencias leito-escritoras, autonomía da aprendizaxe, elaboración de traballos... a partir dos datos ofrecidos polo profesorado e titores dos distintos grupos.

A máis do seguimento que os departamentos fan pola súa conta, suxerimos as seguintes fichas de avaliación para coñecer en que medida se acadan os obxectivos proxectados e se incrementan as capacidades e competencias leito-escritoras do noso alumnado.

 

FICHA INDIVIDUAL DO/A ALUMNO/A

 (cumprimentarase con carácter anónimo ao rematar cada lectura)

 TÍTULO DA LECTURA/ACTIVIDADE:………………………………………………………………… AUTOR……………………………………………………………………………………...................................................

TIPO DE TEXTO/ACTIVIDADE (Literario, icónico, técnico…) TEMA (máximo 3 liñas).

TEMPO DE LECTURA/ACTIVIDADE (páxinas por sesión)

VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva)

SUXESTIÓNS:……………………………………………………………………………..............................

 

 

 FICHA DO/A PROFESOR/A

DÍA…………………………..…………..CURSO………………….…GRUPO………..............................PROFESOR/A ENCARGADO/A………………………………………………………...........................Nº.................... LECTORES/AS/ PARTICIPANTES………………………............................................................................................................................... INCIDENCIAS……………………………………………………………………………...................................................

VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva)

SUXESTIÓNS:………………………………………………………………………….......................................................

 

 

FICHA GLOBAL DA ACTIVIDADE

 

ACTIVIDADE OU TAREFA REALIZADA

GRAO DE SATISFACCIÓN

VALORACIÓN GLOBAL

FACTORES DINAMIZADORES

FACTORES RETARDATARIOS

POUCO

SUFI-

CIENTE

MOITO

0-4

5-7

8-10

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IMPLICACIÓN DO PROFESORADO

IMPLICACIÓN DO ALUMNADO

PROPOSTAS DE MELLORA

SUXESTIÓNS

POUCA

SUFI-

CIENTE

MOITA

POUCA

SUFI-

CIENTE

MOITA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESUMO DAS

 LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN (CURSO 2021-2022)

1.- Limiar

O IES “San Paio” continúa a consolidar o papel da biblioteca como un dos eixos do centro, mantendo actividades xa instauradas nos últimos cursos e potenciando, de xeito primordial, aquelas que melloren as capacidades do individuo para afrontar de xeito adecuadoos retos dun ensino-aprendizaxe enfocado cara ás necesidades dunha sociedade máis crítica, inclusiva, sustentábel e, en definitiva, máis libre.

 

2.- Organización e xestión, configuración da biblioteca como “laboratorio creativo de aprendizaxes”

  •  Actualizar o protocolo de funcionamento e xestión da biblioteca en función da evolución da actual pandemia.
  • Completar a reordenación de fondos e a dotación material dos recunchos creativos.

  • Incrementar, dentro do posíbel, o horario de atención á biblioteca con profesorado específico.

  • Recuperar a colaboración coa sección da EOI de Vigo para optimizar o uso compartido de fondos e instalacións no horario de ámbalas dúas institucións.

  • Mellorar a publicidade dos protocolos de actuacións para guiar o traballo dos novos membros e colaboradores do grupo de biblioteca.

  • Seguir promovendo o papel do alumnado como axente activo/protagonista na biblioteca (alumnado-colaborador, voluntariado creador e axudante en diversas actividades, anfitrións de eventos...)

  • Profundar no coñecemento do programa de xestión koha.

  • Recalcar no necesario compromiso de todos os departamentos a prol da biblioteca

  • Manter e mellorar os puntos de lectura informal e de exposición de materiais fóra do propio recinto bibliotecario.

  • Actualizaros recursos e medios informáticos e facilitar o seu préstamo.

  • Discriminar, de xeito positivo, a implicación, responsabilidade e autonomía do alumando na xestión e promoción dos recursos, actividades e plataformas ao servizo da biblioteca.

  • Proseguir coas técnicas de ludificación para facilitar metodoloxías amenas de aprendizaxe (serius games, xogos de escapismo e breakout na biblioteca e a partir dos seus recursos)

 

3.- Dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado

  •  Facilitar recursos e actividades para materias como estratexias de aprendizaxe e comunicación, tecnoloxías da información e da comunicación,oratoria,comentario e análise de textos, valores éticos, coeducación ou sociedade inclusiva.
  • Aguilloar a participación do alumnado nos distintos espazos virtuais da biblioteca e do club de lectura.

  • Manter a publicación de guías de recursos bibliográficos e fílmicos para a confección de traballos, conmemoracións...

  • Relanzamento das bibliomaletas (temáticas, por niveis, de aula...)

  • Intensificar as sesións divulgativas e prácticas con titores, profesorado e alumnado sobre os recursos materiais e virtuais da biblioteca.

  • Soster as actividades específicas de animación e promoción da lectura, da escritura, da oralidade, de pequenas investigacións...

  • Colaboración coas seccións bilingües e cós proxectos E-Dixgal e Stembach.

  • Reforzar o Proxecto Lector.

 

4.- Formación de usuarios, competencia informacionale dixital

Actividades,moitas delas incluídasdentro do plan de acción titorial,con especial atención para os novos membros da comunidade educativa.

  •  Continuar coa difusión debreves orientacións/guías elementais para facilitar o dominio dos instrumentos máis imprescindibles cara á xestión/realización/seguimento/entrega... de tarefas e actividades en formato virtual (teledocencia e teleaprendizaxes)
  • Seguir fomentando as sesións de docencia e práctica para elaboración de traballos en formatos tradicionais e das novas tecnoloxías.

  • Manter as actividades de coñecemento da biblioteca, da CDU, de busca de información en soporte impreso (directa e inversa) e dixital.

  • Impulsar os novos formatos e soportes de lectura: e-readers, tabletas...

  • Información e infoxicación. Fake news. Buscas seguras. Racionalidade e fiabilidade nos espazos virtuais.Netiqueta.

  • Creación dun novo grupo de traballo ou seminario permanente de biblioteca, dentro do pfpp de centro.

  • Visita e coñecemento doutras bibliotecas (públicas, históricas...)

 

5.- Fomento da Lectura e Proxecto Lector de Centro

  •  Ampliar a difusión do proxecto ELBE.2 e, sobre todo, da súa plataforma de préstamo para optimizar o aproveitamento dos seus recursos.
  • Destacar as máis importantes efemérides relacionadas co mundo do libro e da lectura.

  • Premiar a realización por parte do alumnado de recensións de actividades e lecturas.

  • Concursos (de textos de amor, haikus, microrrelatos de medo, contos, mangas...)

  • Continuación dos Biblioxornal e Cinexornal.

  • A poesía e o libro do mes.

  • Club de Lectura “Pedra do Acordo”, Club de manga e anime “Tuitaku”, Club de oralidade e Club de diversidade.

  • Libros de película”: proxección de películas baseadas en obras literarias e lectura destas.

  • Músicas de biblioteca”: elaboración de listas de reprodución de vídeos musicais e breves audicións e recitacións coincidindo con distintas efemérides e conmemoracións.

  • Visitas ao centro de escritores, recitadores, ilustradores, cineastas, contacontos...

  • Publicidade e participación en diversas actividades culturais programadas ao longo do ano pola biblioteca municipal e/ou asociacións culturais.

  • Rutas literarias: por Tui e bisbarra e tamén aproveitando (se as condicións sanitarias o permiten) as viaxes didácticas programadas polos distintos departamentos.

  • Proxecto Lector: porfiaremos nas actividades de capacitación lectora específicas de cada departamento nas súas horas de docencia, na utilidade da lectura na vida cotiá e na lectura colectiva en novos soportes.

 

6.- Cara unha biblioteca inclusiva

  •  Incremento dos recursos para contribuír á compensación das desigualdades socio-educativas facendo un seguimento especial do alumnado emigrante, con necesidades educativas especiais, inadaptado ou en risco de exclusión social.
  • Coordinación có departamento de orientación, a pedagoga terapeutae astitorías na adquisición de estratexias e materiais dirixidos ao alumnado máis vulnerábel, para que sexa quen de acadar uns resultados satisfactorios tanto no ámbito escolar como vital, unha vez contempladas as necesarias intervencións en función dos distintos ritmos de aprendizaxe e características específicas.

  •  Apoio individualizado e discriminación positiva deste alumnado para facilitar a súa integración nas actividades bibliotecarias (voluntariado, grupos do club de lectura...) como unha vía máis cara a súa plena socialización.
  • Oferta dun espazo común a todo o alumnado dando cabida, sobre todo, a aquelas persoas que lles custa máis integrarse e/ou que sofren algún tipo de rexeitamento.

  •  Ampliación dos fondos de lectura fácil.

 

7.- Outras actuacións

  •  “Asómate a túa nova biblioteca”: xornadas de portas abertas para o alumnado do último curso dos colexios de primaria adscritos (finais de curso).
  • Bibliotecas sen fronteiras”: acrecentar as actividades comúns co resto das bibliotecas do concello e de Portugal (escolares e municipais): XIII edición do Tui Le.

  • Actividades conxuntas con outras bibliotecas escolares de fóra da nosa bisbarra.

  • Seguir contribuíndo ás actividades conmemorativas e festivas comúns que se desenvolvan no centro, promovendo un equipo de traballo transversal e nterdisciplinar, en colaboración coa subdirección.

  • Programa “Lecturas para todas as idades”: actividades conxuntas coa escola infantil próxima (celebracións poético-musicais, pequenas dramatizacións, apadriñamentos, kamishibais, sesións de contacontos...) e coas residencias de maiores.

  • Potenciar a realización de booktrailers e a creación dun canal de booktubers para promocionar e incentivar hábitos e gustos lectores.

  • Cara a unha biblioteca verde, prácticas e comportamentos sustentábeis e respectuosos co medio ambiente: eficiencia enerxética, reciclaxe... (ODS 2030)

 

8.- Criterios e procedementos de avaliación

A nosa ferramenta de cabeceira continúa a serBibliotecas escolares ¿entre interrogantes? A modo de resumo, os indicadores que máis teremos en conta no proceso de autoavaliación son os tres seguintes:

  •  Enquisas anónimas entre alumnado e profesorado sobre o desenvolvemento e grao de satisfacción ao remate das principais actividades e por trimestres:

 

ACTIVIDADE OU TAREFA REALIZADA

GRAO DE SATISFACCIÓN

VALORACIÓN GLOBAL

FACTORES DINAMIZADORES

FACTORES RETARDATARIOS

POUCO

SUFI-

CIENTE

MOITO

0-4

5-7

8-10

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IMPLICACIÓN DO PROFESORADO

IMPLICACIÓN DO ALUMNADO

PROPOSTAS DE MELLORA

SUXESTIÓNS

POUCA

SUFI-

CIENTE

MOITA

POUCA

SUFI-

CIENTE

MOITA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Índices de lectura (préstamos, movemento de fondos, nº visitas dos materiais elaborados...) e de asistencia (presencia de usuarios nos tempos de lecer e no horario de clase, actividades lectivas, complementarias ou extraescolares que se desenvolven na biblioteca...) e de participación nas diversas actuacións promovidas dende a biblioteca (concursos, maratóns, exposicións...)

 

  •  Percepción da evolución nas capacidades do alumnado: competencias na expresión escrita e oral, autonomía da aprendizaxe, elaboración de traballos... a partir dos datos ofrecidos polo profesorado e titores dos distintos grupos.


page | by Dr. Radut