Epílogo: o valor de Rosalía
Pola súa vida e pola súa obra en defensa do país, da súa lingua e cultura,
polo seu papel sobranceiro nas letras e na defensa das mulleres,
pola súa entrega incondicional a Galicia e as súas xentes...
non abonda con ter a Rosalía nunha estampiña postal nin nun billete das antigas pesetas,
non abonda con festexala un día ao ano,
cómpre tela sempre nos nosos corazóns e que sexa permanente guía da nosa faena cotiá.