Eventos
O departamento de Inglés organiza unhas Charlas Culturais para o seu alumnado de 4ESO.
Os departamentos de Educación Física, xunto co de Xeografía e Historia, participan nesta actividade organizada por AGRUDEBAM, unha carreira de atletismo en pista para o alumnado de 1ESO que desexe participar.
Os departamentos de Latín, Grego e Portugués organizan para o seu alumnado de 3ESO, 4ESO e 1BAC esta saída didáctica á cidade portuguesa.
O departamento de Orientación organiza a xornada de acollida para o futuro alumnado de 1ESO. Terá lugar o venres 26 de maio.
O departamento de Inglés organiza a asistencia á obra de teatro Change the Channel, na Área Panorámica, para o alumnado de 4ESO e 3ESO C.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza, un ano máis, a visita ao Esteiro do Río Miño con subida ao Monte Tegra.
O departamento de Economía organiza a visita do alumnado de 4ESO das materias de Iniciación á Actividade Económica e Empresarial e Economía ao Mercado de Cooperativas de Pontevedra.
O alumnado de 1ESO participará no III Congreso EducaODS organizado polo CEIP Nº1 e presentará uns invernadoiros nunha actividade dos departamentos de Tecnoloxía, Artes Plásticas, Lingua Galega e Bioloxía e Xeoloxía.

As titorías de 2ESO organizan unha saída deportiva para o alumnado deste nivel. Visitarán o Ecoparque Multiaventuras Atalaia, en Cotobade.
O Equipo de Biblioteca organiza varias actividades neste fin de curso. Inclúen contadas kamishibai, contadas do Clube de Lectura (Corre, corre calabaza) e apadriñamentos lectores, todas elas cos pequerrechxs da Galiña Azul.
Para despedir ao noso alumnado de 2BAC, organizamos unha celebración á beira do río, xusta na baixada da Praza da Estrela.