Eventos
O alumnado de Laboratorio de Ciencias de 1BAC visitará a Facultade de Ciencias para, baixo a dirección da doutora Elsa Vázquez, realizar unha práctica de fecundación de ourizo de mar, Paracentrotus lividus.
Catro alumnas/os de Cultura Científica de 4ESO e dúas alumnas de Laboratorio de Ciencias de 1BAC asistirán á xornada de clausura do Proxecto Caixa Sostible, no que estiveron traballando ao longo do curso.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza un roteiro literario polo Salnés, no que o alumnado de 4ESO seguirá os pasos de Valle-Inclán. Pola mañá visitarán Vilanova de Arousa e, de tarde, Cambados.
O equipo de Radio organiza, en colaboración co programa Ponte..nas ondas! un novo obradoiro para o alumnado de 1ESO que o desexe.
Os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Xeografía e Historia e o Equipo de Normalización Lingüística organizan a asistencia ao visionado desta película documental titulada A cidade da Selva, sobre a resistencia galega na zona de Casaio, no Barco de Valdeorras.
O departamento de Inglés organiza unhas Charlas Culturais para o seu alumnado de 4ESO.
Os departamentos de Educación Física, xunto co de Xeografía e Historia, participan nesta actividade organizada por AGRUDEBAM, unha carreira de atletismo en pista para o alumnado de 1ESO que desexe participar.
Os departamentos de Latín, Grego e Portugués organizan para o seu alumnado de 3ESO, 4ESO e 1BAC esta saída didáctica á cidade portuguesa.
O departamento de Orientación organiza a xornada de acollida para o futuro alumnado de 1ESO. Terá lugar o venres 26 de maio.
O departamento de Inglés organiza a asistencia á obra de teatro Change the Channel, na Área Panorámica, para o alumnado de 4ESO e 3ESO C.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza, un ano máis, a visita ao Esteiro do Río Miño con subida ao Monte Tegra.
O departamento de Economía organiza a visita do alumnado de 4ESO das materias de Iniciación á Actividade Económica e Empresarial e Economía ao Mercado de Cooperativas de Pontevedra.
O alumnado de 1ESO participará no III Congreso EducaODS organizado polo CEIP Nº1 e presentará uns invernadoiros nunha actividade dos departamentos de Tecnoloxía, Artes Plásticas, Lingua Galega e Bioloxía e Xeoloxía.