Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Abril 26, 2023
Start: 26/04/2023 11:35
End: 26/04/2023 13:05

O departamento de Economía organiza a charla Finanzas para Mortais - Cómo xestionar unha conta bancaria para o alumnado de 4ESO de Economía e Iniciación á Actividade Económica e Empresarial. Organizarase en dúas sesións en días consecutivos, o mércores 26 e o xoves 27 de abril de 2023.

Xoves Abril 27, 2023
Start: 27/04/2023 08:45
End: 27/04/2023 10:15

O departamento de Economía organiza a charla Finanzas para Mortais - Cómo xestionar unha conta bancaria para o alumnado de 4ESO de Economía e Iniciación á Actividade Económica e Empresarial. Organizarase en dúas sesións en días consecutivos, o mércores 26 e o xoves 27 de abril de 2023.

Start: 27/04/2023 10:45
End: 27/04/2023 13:00

Un ano máis, o alumnado de 1BAC asistirá ao Festival Internacional de Documentais Play-Doc para o visionado da serie El bueno de Cuttlas.

Venres Abril 28, 2023
Start: 28/04/2023 09:00
End: 28/04/2023 10:25

O Equipo de Biblioteca organiza unha actividade co gallo do Día do Libro. Trátase dun almorzo literario no que as persoas que desexen participar compartirán, ademáis dun chocolate e un biscoito, unha agradable charla na que cada quen recomendará a que, na súa opinión, é a lectura imprescindible.

Start: 28/04/2023 10:45
End: 28/04/2023 12:45

Carreira solidaria organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración coa ONG Save the Children. Aberta a todo o alumnado da ESO interesado en participar.

Martes Maio 02, 2023
Start: 02/05/2023 11:35
End: 02/05/2023 12:25
Mércores Maio 03, 2023
Start: 03/05/2023 09:00
End: 03/05/2023 14:00

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza esta saída que foi adiada varias veces por mor do mal tempo. O alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica de 4ESO visitarán a EDAR de Tui.

Start: 03/05/2023 10:00
End: 03/05/2023 13:30

O Equipo de Normalización Lingüística organiza a saída ao evento Correlinguas, que este ano se celebra en Ponteareas. O alumnado que participará será o de 1ESO.

Venres Maio 05, 2023
Start: 05/05/2023 12:45
End: 05/05/2023 14:25

Os departamentos de Latín e Filosofía organizan a presentación da tradución ao latín da obra de Francisco Sánchez Quod Nihil Scitur. A actividade está dirixida ao alumnado de 2BAC A e B.

Martes Maio 09, 2023
Start: 09/05/2023 08:00
End: 09/05/2023 18:00

O alumnado de Laboratorio de Ciencias de 1BAC visitará a Facultade de Ciencias para, baixo a dirección da doutora Elsa Vázquez, realizar unha práctica de fecundación de ourizo de mar, Paracentrotus lividus.

Start: 09/05/2023 12:45
End: 09/05/2023 13:35
Mércores Maio 10, 2023
Start: 10/05/2023 09:00
End: 10/05/2023 14:00

Catro alumnas/os de Cultura Científica de 4ESO e dúas alumnas de Laboratorio de Ciencias de 1BAC asistirán á xornada de clausura do Proxecto Caixa Sostible, no que estiveron traballando ao longo do curso.

Xoves Maio 11, 2023
Start: 11/05/2023 08:45
End: 11/05/2023 18:30

O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza un roteiro literario polo Salnés, no que o alumnado de 4ESO seguirá os pasos de Valle-Inclán. Pola mañá visitarán Vilanova de Arousa e, de tarde, Cambados.

Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 09:00
End: 16/05/2023 13:00

O equipo de Radio organiza, en colaboración co programa Ponte..nas ondas! un novo obradoiro para o alumnado de 1ESO que o desexe.

Start: 16/05/2023 10:45
End: 16/05/2023 12:30

Os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Xeografía e Historia e o Equipo de Normalización Lingüística organizan a asistencia ao visionado desta película documental titulada A cidade da Selva, sobre a resistencia galega na zona de Casaio, no Barco de Valdeorras.

Start: 16/05/2023 13:35
End: 16/05/2023 14:25
Venres Maio 19, 2023
Start: 19/05/2023 08:45
End: 19/05/2023 10:25

O departamento de Inglés organiza unhas Charlas Culturais para o seu alumnado de 4ESO.

Start: 19/05/2023 09:00
End: 19/05/2023 13:00

Os departamentos de Educación Física, xunto co de Xeografía e Historia, participan nesta actividade organizada por AGRUDEBAM, unha carreira de atletismo en pista para o alumnado de 1ESO que desexe participar.

Start: 19/05/2023 09:45
End: 19/05/2023 20:30

Os departamentos de Latín, Grego e Portugués organizan para o seu alumnado de 3ESO, 4ESO e 1BAC esta saída didáctica á cidade portuguesa.

Mércores Maio 24, 2023
Start: 24/05/2023 08:45
End: 24/05/2023 09:35
Venres Maio 26, 2023
Start: 26/05/2023 10:20
End: 26/05/2023 12:30

O departamento de Orientación organiza a xornada de acollida para o futuro alumnado de 1ESO. Terá lugar o venres 26 de maio. 

Start: 26/05/2023 12:45
End: 26/05/2023 14:00

O departamento de Inglés organiza a asistencia á obra de teatro Change the Channel, na Área Panorámica, para o alumnado de 4ESO e 3ESO C.

Distribuir contido


by Dr. Radut