Eventos
O departamento de Economía organiza a charla Finanzas para Mortais - Cómo xestionar unha conta bancaria para o alumnado de 4ESO de Economía e Iniciación á Actividade Económica e Empresarial. Organizarase en dúas sesións en días consecutivos, o mércores 26 e o xoves 27 de abril de 2023.
O departamento de Economía organiza a charla Finanzas para Mortais - Cómo xestionar unha conta bancaria para o alumnado de 4ESO de Economía e Iniciación á Actividade Económica e Empresarial. Organizarase en dúas sesións en días consecutivos, o mércores 26 e o xoves 27 de abril de 2023.
Un ano máis, o alumnado de 1BAC asistirá ao Festival Internacional de Documentais Play-Doc para o visionado da serie El bueno de Cuttlas.
O Equipo de Biblioteca organiza unha actividade co gallo do Día do Libro. Trátase dun almorzo literario no que as persoas que desexen participar compartirán, ademáis dun chocolate e un biscoito, unha agradable charla na que cada quen recomendará a que, na súa opinión, é a lectura imprescindible.
Carreira solidaria organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración coa ONG Save the Children. Aberta a todo o alumnado da ESO interesado en participar.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza esta saída que foi adiada varias veces por mor do mal tempo. O alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica de 4ESO visitarán a EDAR de Tui.
O Equipo de Normalización Lingüística organiza a saída ao evento Correlinguas, que este ano se celebra en Ponteareas. O alumnado que participará será o de 1ESO.
Os departamentos de Latín e Filosofía organizan a presentación da tradución ao latín da obra de Francisco Sánchez Quod Nihil Scitur. A actividade está dirixida ao alumnado de 2BAC A e B.
O alumnado de Laboratorio de Ciencias de 1BAC visitará a Facultade de Ciencias para, baixo a dirección da doutora Elsa Vázquez, realizar unha práctica de fecundación de ourizo de mar, Paracentrotus lividus.
Catro alumnas/os de Cultura Científica de 4ESO e dúas alumnas de Laboratorio de Ciencias de 1BAC asistirán á xornada de clausura do Proxecto Caixa Sostible, no que estiveron traballando ao longo do curso.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza un roteiro literario polo Salnés, no que o alumnado de 4ESO seguirá os pasos de Valle-Inclán. Pola mañá visitarán Vilanova de Arousa e, de tarde, Cambados.
O equipo de Radio organiza, en colaboración co programa Ponte..nas ondas! un novo obradoiro para o alumnado de 1ESO que o desexe.
Os departamentos de Lingua Galega e Literatura, Xeografía e Historia e o Equipo de Normalización Lingüística organizan a asistencia ao visionado desta película documental titulada A cidade da Selva, sobre a resistencia galega na zona de Casaio, no Barco de Valdeorras.
O departamento de Inglés organiza unhas Charlas Culturais para o seu alumnado de 4ESO.
Os departamentos de Educación Física, xunto co de Xeografía e Historia, participan nesta actividade organizada por AGRUDEBAM, unha carreira de atletismo en pista para o alumnado de 1ESO que desexe participar.
Os departamentos de Latín, Grego e Portugués organizan para o seu alumnado de 3ESO, 4ESO e 1BAC esta saída didáctica á cidade portuguesa.