Eventos
O departamento de Orientación organiza, para o alumnado de 3ESO que estea interesado, a visita ao IES Manuel Antonio e o Centro Residencial Docente, en Vigo.
O departamento de Economía organiza a charla divulgativa Preparados para o salto, para o alumnado de 1BAC das materias de Economía e Economía, Emprendemento e Actividade empresarial.
Un ano máis, o Concello de Tui organiza o evento TUI LE, no que se implica o equipo de Biblioteca. O alumnado voluntario da biblioteca asistirá este venres ás actividades que terán lugar na carpa do Paseo da Corredoira.
O departamento de Tecnoloxía organiza unha charla para o alumnado da materia de Educación Dixital de 3ESO. O título da mesma é Ciberseguridade: que son os piratas informáticos e por que precisamos deles, a cargo de Manuel Caeiro Rodríguez, da Universidade de Vigo.
O departamento de Educación Física organiza a actividade deportiva, para 1ESO, de piragüismo (modalidade dragóns) no Encoro de Verducido, en Pontevedra.
O departamento de Tecnoloxía organiza unha charla para o alumnado da materia de Tecnoloxía de 4ESO. A charla leva por título Drons, imaxe aérea e imaxe satélite.
O departamento de Economía organiza unha charla máis para o seu alumnado das materias de Economía e Economía, Emprendemento e Actividade empresarial de 1BAC. Neste caso trátase da ponencia Finanzas para mortais. Cómo xestionar os aforros, a cargo de Jaime Álvarez Costas, e que se imparte en dúas sesións seguidas, o xoves 20 e venres 21 de abril.
Un ano máis, os departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia organizan a Homenaxe aos Mártires de Sobredo para o alumnado de 4ESO.
O departamento de Economía organiza unha charla máis para o seu alumnado das materias de Economía e Economía, Emprendemento e Actividade empresarial de 1BAC. Neste caso trátase da ponencia Finanzas para mortais. Cómo xestionar os aforros, a cargo de Jaime Álvarez Costas, e que se imparte en dúas sesións seguidas, o xoves 20 e venres 21 de abril.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza, para o alumnado de 1ESO, unha charla sobre cefalópodos a cargo do experto Jorge Hernández Urcera.
Na segunda parte do intercambio organizado polo departamento de Lingua Galega e Literatura, o alumnado de 2ESO C e D visitará o IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives.
O departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística organizan, para o alumnado de 1BAC, a conferencia-concerto de Paulina Ceremuzynska, experta en Lírica Medieval Galega
O departamento de Economía organiza a charla Finanzas para Mortais - Cómo xestionar unha conta bancaria para o alumnado de 4ESO de Economía e Iniciación á Actividade Económica e Empresarial. Organizarase en dúas sesións en días consecutivos, o mércores 26 e o xoves 27 de abril de 2023.

Un ano máis, o alumnado de 1BAC asistirá ao Festival Internacional de Documentais Play-Doc para o visionado da serie El bueno de Cuttlas.
O Equipo de Biblioteca organiza unha actividade co gallo do Día do Libro. Trátase dun almorzo literario no que as persoas que desexen participar compartirán, ademáis dun chocolate e un biscoito, unha agradable charla na que cada quen recomendará a que, na súa opinión, é a lectura imprescindible.
Carreira solidaria organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración coa ONG Save the Children. Aberta a todo o alumnado da ESO interesado en participar.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza esta saída que foi adiada varias veces por mor do mal tempo. O alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica de 4ESO visitarán a EDAR de Tui.
O Equipo de Normalización Lingüística organiza a saída ao evento Correlinguas, que este ano se celebra en Ponteareas. O alumnado que participará será o de 1ESO.