Eventos
O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 3ESO que asistirá a actividade por quendas.
O departamento de Orientación organiza, en colaboración co equipo de Servizos Sociais do Concello de Tui, a actividade Cine nas Aulas. Neste caso, despois do visionado do filme, debaterase sobre a película Acusados, de Jonathan Kaplan.
O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 4ESO que asistirá a actividade por quendas.
A partir do 2º recreo o alumnado de ESO celebrará a festa do entroido con concurso e obradoiros.
Con motivo da celebración do día de Rosalía, no aniversario do seu nacemento, leerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e dous poemas da autora. O acto será ás 12:15 na entrada principal do instituto.
O concello de Tui, en colaboración con Atelier Social, organiza charlas para o alumnado de 1ESO para promover a participación cidadá entre os menores. O proxecto recibe o nome de ParTUIcipando.
O departamento de Inglés organiza a charla titulada "Éntrache nunha lingua e sáeche pola outra", a cargo da investigadora Lara Domínguez Araújo, da Universidade de Vigo, destinada ao alumnado de 1BAC.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza unha saída didáctica para asistir á representación teatral de El Celoso Extremeño de Miguel de Cervantes. Será no Teatro Municipal - Área Panorámica - a cargo da compañía Factoría Teatro e poderá asistir o alumnado de 3ESO a 2BAC.
XXII Edición do Festival de Teatro Grecolatino que este ano terá lugar na Coruña, Lugo, Ourense e Tui. O alumnado de 4ESO de Latín e o de 1BAC e 2BAC das materias de Latín e Grego asistirá dende ás 10:45 ás representacións que haberá no Teatro Municial de Tui.
Viaxe didáctica a Roma para o alumnado de 1BAC e 2BAC das materias de Latín, Grego e Historia da Arte.
Viaxe didáctica a Roma para o alumnado de 1BAC e 2BAC das materias de Latín, Grego e Historia da Arte.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a visita ao Aquamuseu de Vilanova de Cerveira para o alumnado de 1ESO. Hoxe é o turno dos grupos A e B.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a visita ao Aquamuseu de Vilanova de Cerveira para o alumnado de 1ESO. Hoxe será o turno dos grupos C e D.
Defensa dos proxectos STEM na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.