Eventos
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 1ESO.
Os departamentos de Economía e Orientación organizan esta actividade que consiste na visita do alumnado das materias de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e Economía de 4ESO ao evento Tecnolóxicas Week, que ten lugar no polígono industrial de Areas.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 2ESO.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 3ESO.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía participa, como todos os anos, na Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra. Este ano terá lugar na Universidade de Vigo e en Monteferro.
O departamento de Lingua Galega e Literatura organiza unha contada para o alumnado de 1ESO. A actividade terá lugar no Teatro da Área Panorámica e participará tamén o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 4ESO.
O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 3ESO que asistirá a actividade por quendas.
O departamento de Orientación organiza, en colaboración co equipo de Servizos Sociais do Concello de Tui, a actividade Cine nas Aulas. Neste caso, despois do visionado do filme, debaterase sobre a película Acusados, de Jonathan Kaplan.
O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 4ESO que asistirá a actividade por quendas.
A partir do 2º recreo o alumnado de ESO celebrará a festa do entroido con concurso e obradoiros.
Con motivo da celebración do día de Rosalía, no aniversario do seu nacemento, leerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e dous poemas da autora. O acto será ás 12:15 na entrada principal do instituto.
O concello de Tui, en colaboración con Atelier Social, organiza charlas para o alumnado de 1ESO para promover a participación cidadá entre os menores. O proxecto recibe o nome de ParTUIcipando.
O departamento de Inglés organiza a charla titulada "Éntrache nunha lingua e sáeche pola outra", a cargo da investigadora Lara Domínguez Araújo, da Universidade de Vigo, destinada ao alumnado de 1BAC.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza unha saída didáctica para asistir á representación teatral de El Celoso Extremeño de Miguel de Cervantes. Será no Teatro Municipal - Área Panorámica - a cargo da compañía Factoría Teatro e poderá asistir o alumnado de 3ESO a 2BAC.
XXII Edición do Festival de Teatro Grecolatino que este ano terá lugar na Coruña, Lugo, Ourense e Tui. O alumnado de 4ESO de Latín e o de 1BAC e 2BAC das materias de Latín e Grego asistirá dende ás 10:45 ás representacións que haberá no Teatro Municial de Tui.
Viaxe didáctica a Roma para o alumnado de 1BAC e 2BAC das materias de Latín, Grego e Historia da Arte.
Viaxe didáctica a Roma para o alumnado de 1BAC e 2BAC das materias de Latín, Grego e Historia da Arte.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a visita ao Aquamuseu de Vilanova de Cerveira para o alumnado de 1ESO. Hoxe é o turno dos grupos A e B.