Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Xaneiro 27, 2023
Start: 27/01/2023 09:00
End: 27/01/2023 14:15

Visita organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura para o alumnado de 1ESO, que coñecerá os Museos Liste e Museo do Mar de Vigo.

Luns Xaneiro 30, 2023
Start: 30/01/2023 08:45
End: 30/01/2023 14:25

Coincidindo coa celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, o alumnado de ESO, coordinado e guiado do Equipo de Biblioteca e o profesorado titor, rematará a actividade Pulseiras da Amizade - A Paz é Coser e Cantar, e poderán facer as fotografías coas pulseiras fabricadas por eles mesmos.

Start: 30/01/2023 09:35
End: 30/01/2023 14:25

Actividade organizada polo Equipo de Biblioteca para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. O alumnado de 1ESO e 2ESO en dúas datas (23 e 30 de xaneiro) e por quendas aprenderá cómo é un tear tradicional e cómo funciona.

Start: 30/01/2023 10:45
End: 30/01/2023 11:35

O 30 de xaneiro celébrase, dende 1964, o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. A data conmemora a morte de Mahatma Gandhi, líder indio que defendeu os dereitos da poboación dende unha postura pacifista.

Xoves Febreiro 02, 2023
Start: 02/02/2023 10:45
End: 02/02/2023 12:25

O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza a charla titulada Manipulación e Discurso. A lingüística axuda a ser unha persoa crítica para o alumnado de 1BAC. O coloquio forma parte das actividades divulgativas organizadas pola Universidade de Vigo para os centros de secundaria.

Start: 02/02/2023 13:35
End: 02/02/2023 14:25

O departamento de Economía organiza a charla titulada Ética, valores e corrupción para o alumnado das materias de Economía e Economía, emprendemento e actividade empresarial de 1BAC e para o alumnado de 2BAC da materia Ética e filosofía do dereito.

Luns Febreiro 06, 2023
Start: 06/02/2023 09:00
End: 06/02/2023 12:15

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 1ESO.

Start: 06/02/2023 10:30
End: 06/02/2023 12:45

Os departamentos de Economía e Orientación organizan esta actividade que consiste na visita do alumnado das materias de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e Economía de 4ESO ao evento Tecnolóxicas Week, que ten lugar no polígono industrial de Areas.

Start: 06/02/2023 11:35
End: 06/02/2023 12:25
Martes Febreiro 07, 2023
Start: 07/02/2023 09:00
End: 07/02/2023 12:15

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 2ESO.

Mércores Febreiro 08, 2023
Start: 08/02/2023 09:00
End: 08/02/2023 19:00

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía participa, como todos os anos, na Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra. Este ano terá lugar na Universidade de Vigo e en Monteferro.

 

Start: 08/02/2023 09:00
End: 08/02/2023 12:15

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 3ESO.

Start: 08/02/2023 11:00
End: 08/02/2023 12:25

O departamento de Lingua Galega e Literatura organiza unha contada para o alumnado de 1ESO. A actividade terá lugar no Teatro da Área Panorámica e participará tamén o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.

Xoves Febreiro 09, 2023
Start: 09/02/2023 09:00
End: 09/02/2023 12:15

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 4ESO.

Luns Febreiro 13, 2023
Start: 13/02/2023 12:45
End: 13/02/2023 13:35
Martes Febreiro 14, 2023
Start: 14/02/2023 08:45
End: 14/02/2023 12:25

O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 3ESO que asistirá a actividade por quendas.

Start: 14/02/2023 10:45
End: 14/02/2023 13:35

O departamento de Orientación organiza, en colaboración co equipo de Servizos Sociais do Concello de Tui, a actividade Cine nas Aulas. Neste caso, despois do visionado do filme, debaterase sobre a película Acusados, de Jonathan Kaplan.

Venres Febreiro 17, 2023
Start: 17/02/2023 08:45
End: 17/02/2023 12:25

O departamento de Educación Física organiza un ciclo de charlas sobre Nutrición Saudable para o alumnado de 3ESO e 4ESO. Hoxe é o turno de 4ESO que asistirá a actividade por quendas.

Start: 17/02/2023 12:25
End: 17/02/2023 14:15

A partir do 2º recreo o alumnado de ESO celebrará a festa do entroido con concurso e obradoiros.

Xoves Febreiro 23, 2023
Start: 23/02/2023 12:15
End: 23/02/2023 12:40

Con motivo da celebración do día de Rosalía, no aniversario do seu nacemento, leerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e dous poemas da autora. O acto será ás 12:15 na entrada principal do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut