Eventos
Visita organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura para o alumnado de 1ESO, que coñecerá os museos Liste e o Museo do Mar.
Charla organizada polo departamento de Orientación para o alumnado de 2BAC.
A Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia fai entrega dos Premios iComercio en Santiago de Compostela, ás 12:00 h. O alumnado de 4ESO C da materia de Economía, gañador na categoría de Alimentación, asistirá a recoller o premio acompañado pola profesora Eva Vidal.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza unha charla da escritora Sonia Mirón para o alumnado de 2ESO A e C.
O departamento de Orientación organiza, en colaboración coas titorías, o visionado da película Inside Out para que o alumnado de 1ESO aprenda a recoñecer as emocións.
O departamento de Orientación organiza, en colaboración coas titorías, o visionado da película Inside Out para que o alumnado de 1ESO aprenda a recoñecer as emocións.
Os departamentos de Inglés e Xeografía e Historia organizan unha visita a Santiago de Compostela para o alumnado de 1BAC C e D e o alumnado de Historia da Arte de 2BAC. Trátase dun escape room e un roteiro artístico pola cidade compostelana.
Actividade organizada polo Equipo de Biblioteca para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. O alumnado de 1ESO e 2ESO en dúas datas (23 e 30 de xaneiro) e por quendas aprenderá cómo é un tear tradicional e cómo funciona.
O departamento de Orientación organiza, en colaboración coas titorías, o visionado da película Inside Out para que o alumnado de 1ESO aprenda a recoñecer as emocións.
Os departamentos de Lingua Castelá e Literatura e Lingua Galega e Literatura organizan, para o alumnado de 1BAC A e B, un recital poético musical. Será o luns 23 de xaneiro de 2023 das 16:20 ás 18:00 na biblioteca do centro.
Os clubes de Lectura da Biblio e o equipo de Voluntarios aproveitaron para reunirse este martes, de 16:30 a 18:00.
A sección de adultos do Clube de Lectura reúnese para comentar a lectura destas semanas.
O departamento de Economía organiza a charla "Marketing 4.0" a cargo do Dr. Emilio Roselló da Universidade de Vigo para o alumnado da materia de Economía de 2BAC.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza esta charla, do programa A Ponte da USC, para o alumnado de 4ESO. O título da ponencia é Antibióticos: unha solución ou un problema?, a cargo da doutora Marta Carballa Arcos, do centro CRETUS da USC.
Visita organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura para o alumnado de 1ESO, que coñecerá os Museos Liste e Museo do Mar de Vigo.
Coincidindo coa celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, o alumnado de ESO, coordinado e guiado do Equipo de Biblioteca e o profesorado titor, rematará a actividade Pulseiras da Amizade - A Paz é Coser e Cantar, e poderán facer as fotografías coas pulseiras fabricadas por eles mesmos.
Actividade organizada polo Equipo de Biblioteca para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. O alumnado de 1ESO e 2ESO en dúas datas (23 e 30 de xaneiro) e por quendas aprenderá cómo é un tear tradicional e cómo funciona.
O 30 de xaneiro celébrase, dende 1964, o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. A data conmemora a morte de Mahatma Gandhi, líder indio que defendeu os dereitos da poboación dende unha postura pacifista.
O departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza a charla titulada Manipulación e Discurso. A lingüística axuda a ser unha persoa crítica para o alumnado de 1BAC. O coloquio forma parte das actividades divulgativas organizadas pola Universidade de Vigo para os centros de secundaria.
O departamento de Economía organiza a charla titulada Ética, valores e corrupción para o alumnado das materias de Economía e Economía, emprendemento e actividade empresarial de 1BAC e para o alumnado de 2BAC da materia Ética e filosofía do dereito.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 1ESO.
Os departamentos de Economía e Orientación organizan esta actividade que consiste na visita do alumnado das materias de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e Economía de 4ESO ao evento Tecnolóxicas Week, que ten lugar no polígono industrial de Areas.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 2ESO.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Ciberseguridade para o alumnado de 3ESO.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía participa, como todos os anos, na Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra. Este ano terá lugar na Universidade de Vigo e en Monteferro.
O departamento de Lingua Galega e Literatura organiza unha contada para o alumnado de 1ESO. A actividade terá lugar no Teatro da Área Panorámica e participará tamén o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.
Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade do Ministerio do Interior. Neste caso, trátase dunha charla sobre Violencia de Xénero para o alumnado de 4ESO.