O pasado venres 12 de maio, a partir das 9.15, no Teatro Municipal (Edificio Área Panorámica) tivo lugar por oitavo ano consecutivo unha nova edición do "Tui Le" na que o IES SAN PAIO participou, xunto cos outros centros educativos do concello de Tui, cunha adaptación musical do Hallelujah de Leonard Cohen (interpretado polo seguinte alumnado Ruth Montero, Juan Paramos, Helena Pardo, Pablo Rodríguez, as irmás Elsa e Eva Roldán e Claudia Valenzuela) e a dramatización da "Galiña Azul" interpretada por Adrián Ríos de 1ºA -ESO.
Nesta xornada tamén se intercambiaron de libros (o alumnado que aportoue un libro puido levar outro).
O noso particular Carlos Casares, obra do alumnado e profesora de Educación Plástica