Skip to Content

Marzo 2013

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2013

cartel día do libro infantil e xuvenil 

 

 

 

 

 

Todos os 2 de abril celebramos

o Día do Libro Infantil e Xuvenil,

nesta edición Norteamérica

é a encargada

do cartel e da mensaxe.

 

Ashely Bryan

 

 

 

 

O deseño do cartel corresponde ao escritor e ilustrador de libros para nenos

Ashely Bryan

A escritora méxico-americana Pat Mora é a autora do poema-mensaxe:Pat Mora

Lemos xuntos, ti e máis eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e máis eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
(Tradución: Concha Blanco)

 

Dúas son as lecturas que recomendamos para esta celebración, as dúas forman parte da lista de honra IBBY 2012

Chamádeme Simbad de Francisco Castro

chamádeme simbad

Kafka e a boneca viaxeira de  Jordi Sierra i Fabra,

traducido por Carmen Torres

kafka e a boneca viaxeira

Bo día de festa lectora!

27 de marzo: Día Mundial do Teatro

 

MENSAXE

día do teatro 2013    Hai moito tempo, o poder tomou unha decisión intolerante contra os comediantes ao expulsalos do país.
    Actualmente, os actores e as compañías teatrais teñen dificultades para encontrar escenarios públicos, teatros e espectadores, todo a causa da crise.
    Os dirixentes, polo tanto, xa non están preocupados por controlar aqueles que os citan con ironía e sarcasmo, xa que non hai sitio para os actores, nin hai un público ao que dirixirse.
    Pola contra, durante o Renacemento, en Italia, os que gobernaban, tiveron que facer un esforzo importante para manter a raia aos Comediantes, pois reunían abundante público.
    Sábese que o grande éxodo de actores da Commedia dell'Arte tivo lugar no século da Contrarreforma, que decretou o desmantelamento de todos os espazos teatrais, especialmente en Roma, onde foron acusados de ofender á cidade santa.
    En 1697, o Papa Inocente XII, baixo a presión de insistentes requirimentos da á máis conservadora da burguesía e dos máximos expoñentes do clero, ordenou a eliminación do Teatro Tordinona que, segundo os moralistas, acollera o maior número de representacións obscenas.
    Na época da Contrarreforma, o cardeal Carlos Borromeo, que estivo activo no norte de Italia, consagrouse á redención dos 'nenos milaneses', establecendo unha clara distinción entre a arte, como a máxima expresión de educación espiritual, e o teatro, a manifestación do profano e o vaidoso. Nunha carta dirixida aos seus colaboradores, que cito de memoria, exprésase máis ou menos así: "Os que estamos resoltos a erradicar as malas herbas, fixemos o posible por queimar textos que conteñen discursos infames, para extirpalos da memoria dos homes, e ao mesmo tempo perseguir a todos aqueles que divulgan eses textos dados ao prelo.
    Evidentemente, non obstante, mentres durmiamos, o demo maquinou con renovada astucia.
    Ata que punto é máis penetrante na alma o que os ollos poden ver que o que poidan ler dos libros dese xénero! Ata que punto máis devastadora para as mentes dos adolescentes e nenos é a palabra falada e o xesto apropiado, que unha palabra morta imprimida nun libro. Polo tanto é urxente sacar as xentes de teatro das nosas cidades, como o facemos coas almas indesexables."
    Polo tanto, a única solución á crise baséase na esperanza de que se organice unha grande caza de bruxas contra nós e especialmente contra a xente nova que desexa aprender a arte do teatro: Unha nova diáspora de Comediantes que, dende tal imposición, sen lugar a dúbidas provocará beneficios inimaxinables polo ben dunha nova representación.

  Darío Fo

darío foPara saber quen é Darío Fo preme aquí.

Seguindo este enlace poderás ler a súa obra Moralidad del ciego y del tullido.

Nestoutra biblioteca atoparás Aquí no paga nadie, comedia grotesca que narra un día na vida de Antonia e Xoán, un matrimonio humilde atrapado polas circunstancias dunha Italia en plena crise económica, con subas de prezos e baixada de salarios. Nesta realidade Antonia vese envolvida nunha serie de mentiras nas que inclúe a Margarita, a súa moza veciña casada con Luis, compañeiro de traballo de Xoán e co que comparte unha sincera amizade. Xoán prefire pasar fame a roubar mais Antonia participa no saqueo dun supermercado e garda o botín debaixo da cama e no interior do abrigo da súa amiga Margarita; chega a policía revisando piso por piso... Como sempre nestes casos, o engano crece ata que todos se encontran nunha situación insostible que provoca un conflito entre as dúas familias. (Cómpre advertir que a obra é de 1974 de xeito que todo parecido coa realidade actual é coincidencia literaria)

Neste vídeo podes apreciar un anaco dunha representación da obra:

Feliz celebración do Día do Teatro!

P3: Palabras de Poesía e Primavera

Biblioxornal 31: mulleres de película



by Dr. Radut