Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025 (CHEQUES DE MATERIAL)

PUBLICACIÓN DO LISTAXE PROVISIONAL

As listaxes provisionais de adxudicación dos chegues de material publicaranse no taboleiro interno do centro a partir do día 9 de xullo. Poden realizarse as reclamacións ou correccións das solicitudes entre o día 9 e o día 12 de xullo.

As listaxes definitivas publicaranse no taboleiro interno do centro o día 16 de xullo de 2024.

A entrega dos cheques realizarse dende o día 17 de xullo ata 31 de xullo, e do 1 de setembro ata o 12 de decembro de 2024.

O uso dos cheques (vales) nas librarías e establecementos adheridos será ata o día 10 de abril de 2025.

NORMATIVA APLICABLE

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0002_gl.html

Preguntas Frecuentes. Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso escolar 2023/2024.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/prv/XestionarFicheiro.do?DIALOG-EVENT-descargar&_nome=FNDLIB_PF_PreguntasFrecuentes_2023.pdf&_carpeta=fondolibros&_ext=PDF

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 e xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.



page | by Dr. Radut