Skip to Content

RECLAMACIÓN CUALIFICACIÓNS 2º DE BACHARELATO CURSO 2023-2024

Lembramos o procedemento a seguir caso de haber algunha reclamación ás cualificacións ordinarias, procedemento que xa foi explicado pola persoa titora dos grupos correspondentes.

Recoméndase ao alumnado que fale co profesorado antes de presentar reclamación formal; caso de presentala, poderase facer nos días indicados nas táboas seguintes:

- A reclamación debe ser por escrito ao Equipo directivo de 8:50 a 14:00h (o modelo de reclamación pode recollerse en Xefatura de Estudos).

- A atención ás reclamacións por parte dos departamentos realizarase o día seguinte de recibida a reclamación formal por escrito.

- Comunicación por escrito da resolución do Departamento á Xefatura de Estudos, o día 22 de maio de 2024 na ordinaria até as 14:30h e 19 de xullo de 2024 na extraordinaria até as 12:00h.

- A data anterior será a data límite de comunicación á persoa reclamante da resolución do Departamento; e a data de información do procedemento a seguir caso de que persiste o desacordo.

Xefatura de Estudos

 

NORMATIVA APLICABLE:

- ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0598-040321-0002_gl.pdf

- Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/circular_1_2022.pdf

- Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_10_2023_prazos_reclamacions_2o_bac_sin_dx.pdf



page | by Dr. Radut