PUBLICACIÓN DO LISTAXE PROVISIONAL
As listaxes provisionais de adxudicación dos chegues de material publicaranse no taboleiro interno do centro a partir do día 12 de xullo.
Poden realizarse as reclamacións ou correccións das solicitudes entre o día 12 e o día 18 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse no taboleiro interno do centro o día 26 de xullo de 2023.
A entrega dos cheques realizarse dende o día 26 de xullo ata 31 de xullo, e do 1 de setembro ata o 20 de decembro de 2023.
O uso dos cheques (vales) nas librarías e establecementos adheridos será ata o día 10 de abril de 2024.
NORMATIVA APLICABLE
- Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html
- EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0002_gl.html
- Preguntas Frecuentes. Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso escolar 2023/2024. https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/prv/XestionarFicheiro.do?DIALOG-EVENT-descargar&_nome=FNDLIB_PF_PreguntasFrecuentes_2023.pdf&_carpeta=fondolibros&_ext=PDF
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Decreto 11/2009, do 8 e xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.