Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 12 de decembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto, aínda que desta volta, as formadoras estarán con nós xa dende as 19h30, para quen se queira unir antes. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que nos preocupa moito: a educación afectivo-sexual. Para axudarnos, contaremos coa presenza das educadoras Chis Olbeira e Amada Traba. Abordar o reto de educar o afectivo-sexual na adolescencia nunha época onde as pantallas nos dan acceso directo a todo tipo de contidos, onde o lugar do afectivo pasa a un plano máis secundario, é complexo. Por iso reflexionaremos xuntas/os sobre que podemos facer e como o podemos enfocar no noso día a día,

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 12 de decembro de 2022 ás 20.00 (ou ás 19h30)



story | by Dr. Radut