Skip to Content

LIBROS PARA O CURSO 2022/2023

 

             EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA-ESO

O noso centro mantense no Programa Edixgal, polo que o alumnado seguirá contando cun ordenador portátil dotado con libros dixitais na maioría das materias; e en base ao que marca a normativa vixente non terá acceso ás axudas de Fondo Libros.

 

No curso que empeza en setembro iníciase a implantación da nova lei educativa, a LOMLOE, razón pola que en algunhas materias que non están en Edixgal o alumnado terá que mercar libro, ao non estar adaptados á nova lei os libros cos que contamos no fondo de préstamo que temos no centro.

O listado de libros publicarase na páxina web do centro antes do 8 de xullo.

 

 BACHARELATO

 O listado de libros para o vindeiro curso escolar publicarase na páxina web do centro antes do 8 de xullo.

 

A Dirección



story | by Dr. Radut