Skip to Content

HISTORIA DO CENTRO

 

O Centro foi  construído no ano 1971. Nos primeiros anos e ata o ano 1985 atendía as necesidades educativas do Bacharelato en toda a comarca do Salnés incluíndo Vilagarcía e O Grove. Sufriu algunhas ampliacións o longo do tempo, como a ala Sur, o Pavillón e o Salón de Actos, estes dous últimos grazas a xestión do antigo Director Xabier Álvarez Caride que ocupou o cargo perante 20 anos.

Ao longo da súa existencia estiveron nas aulas do Centro personalidades do ámbito político, cultural, empresarial, científico e universitario de Galicia e de España.

Varios dos seus alumnos acadaron premios extraordinarios de Bacharelato o que aumenta tamén o prestixio do  Instituto.

Nos últimos anos coa implantación da ESO e do novo Bacharelato, xunto cun Ciclo de Grado Medio de Elaboración de viños e aceites primeiro, subsitutído posteriormente por un Ciclo Superior de Vitivinicultura, o Centro segue coa mesma liña que o caracterizou durante toda a súa existencia.

O IES Ramón Cabanillas sempre estivo integrado co seu entorno participando en todas as súas inquedanzas e necesidades e colaborando coas institucións representativas de tódolos Concellos da comarca, fundamentalmente do Concello de Cambados.



page | by Dr. Radut