Eventos
MAGOSTO 2019
Para seguir mantendo a tradición, o vindeiro VENRES, dia 15 de Novembro, celebraremos unha nova edición do MAGOSTO.
Ao longo das dúas últimas horas de clase (entre ás 12:30 e as 14:30), alumnado, ANPA, profesorado e persoal non docente poderán participar nas seguintes actividades:
- ASADO DAS CASTAÑASque correrá a cargo do noso entrañable ex-conserxe Graciano, axudado polo profesorado.
- CONCURSO E VENDA DE POSTRES: Os postres serán presentados no departamento de Orientación a 1ª hora. Unha vez emitido o fallo do xurado -composto por profesores (2), un representante do Departamento de Orientación (1), membros da Anpa (2), persoal non docente (1)-, os postres poderán ser vendidos en porcións para recadar fondos destinados á excursión de 4º de ESO.
Concederánse,ademais, 3 premios aos mellores postres.
- CONCURSO FOTOGRÁFICO, aberto a todo o alumnado do centro.
Os traballos versarán sobre temas relacionados co ‘outono’ e optarán aos 3 premios que concederá o xurado composto por profesores (2), membros da Anpa (2), persoal non docente (1).
O formato mínimo de presentación das fotografías: 24 x 18 cm. A inscrición, as impresións sobre papel e a entrega faranse na Conserxería.
- XOGOS POPULARES para o alumnado da ESO que estarán organizados polo departamento de Educación Física.
- ACTIVIDADES DE XADREZorganizadas por Xurxo, profesor de Xadrez.
- ACTUACIÓNS MUSICAIS, coordinadas por Almudena, profesora de Música.
Ana Castro, Noa Cores, Iago Fraga, Ana Fuertes, María Núñez e Adrián Rey, alumn@s de 2 Bacharelato, participan como xurado na XXV edición do Premio San Clemente de novela.
Onte reuníronse no IES Rosalía de Castro co resto do xurado para elixir e posteriomente comunicar en roda de prensa as obras gañadoras nas tres modalidades da convocatoria. En data aínda por determinar participarán no acto de entrega de premios e posterior encontro cos autores galardonados.
Tedes aquí a ligazón á noticia completa.
Outro ano máis, a profesora de Relixión, Carmen Noceda, levou ó alumnado de 4ºESO á recollida de produtos para a actual campaña do Banco de Alimentos.