|
|||
O 14 de Abril o alumnado de 1º Cursos de ciclos Formativos e 1º FP Básica participou nunhas charlas con empresarios da comarca. Trátase de dar resposta á importancia da cultura emprendedora no desemvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da empregabilidade, así como para a sensibilización do alumnado cara a favorecer a introducción do espíritu emprendedor. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Pablo Bermúdez emprendedor no sector da música e a docencia, Carla Iglesias (Empresa La Guagua) emprendedora no sector de eventos, actividades lúdicas e servicios socioculturais, e Hugo Fraga(Empresa Hyliacom) emprendedor no sector do desarrollo de Software e dixitalización.
Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
|
|||
|
|||
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o IES Punta Candieira de Cedeira, onde tivo a ocasión de felicitar aos alumnos, Sara Novais Meireles e Álvaro Otero polos bos resultados conseguidos na XL Olimpíada Galega de Química. Nesta competición tamén participou outra alumna do centro, Gemma López.
|
|||
O 24 de Marzo o alumnado de 4º ESO participou nunhas charlas con empresarios da comarca. O obxectivo e dar a coñecer e achegar ao alumnado o tecido empresarial da súa comarca, así como ás saídas profesionais. Trátase de promover o desenvolvemento de competencias relacionadas co emprendemento, que fomenten un espíritu crítico e proactivo entre eles. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Sergio Muiño (Empresaa Eufundevivo) emprendedor do sector do turismo, Esther Vázquez (Empresa Seguridade Alimentaria) emprendedora no sector da alimentación e xestión de empresas de dito sector, e Noelia Blanco (Estudio Akelarre) emprendedora no sector do marketing e diseño. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE
|
|||
MAQUINARIA AGRICOLA LISTE VILLAVERDE, S.L está a seleccionar técnicos electromecánicos para os departamentos de recambios e taller. Interesados enviar curriculum a seguinte dirección de mail: susi@liste.es |
|||
A empresa Montajes Hidrogás, S.L., sita no polígono industrial de Bergondo, precisa técnicos superiores en “Mecatrónica industrial” para incorporar á súa plantilla. As persoas interesadas deben enviar o seu CV ao seguinte enderezo: direccion@montajeshidrogas.com |
|||
O 10 de Marzo o alumnado de 2º cursos de Ciclos Formativos participou nunhas charlas con empresarios da comarca: Nerea Guerreiro (Empresa Cámara Brava) emprendedora no mundo audiovisual e tecnolóxico, Raúl Lomba (Empresa Wave Moda) emprendedor no mundo do Surf e Pepe Breijo (Empresa PortalNorte) emprendedor no turismo de aventura na comarca. Trátase de acercar aos estudantes á realidade profesional coa finalidade de que coñezan as oportunidades que teñen para emprender, e de que podan canalizar os seus esforzos na consecución dos seus obxectivos. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
O IES "Punta Candieira" celebrou o día de Rosalía cun recital poético no que participaron diferentes membros da comunidade educativa.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »