O 24 de Marzo o alumnado de 4º ESO participou nunhas charlas con empresarios da comarca. O obxectivo e dar a coñecer e achegar ao alumnado o tecido empresarial da súa comarca, así como ás saídas profesionais. Trátase de promover o desenvolvemento de competencias relacionadas co emprendemento, que fomenten un espíritu crítico e proactivo entre eles. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Sergio Muiño (Empresaa Eufundevivo) emprendedor do sector do turismo, Esther Vázquez (Empresa Seguridade Alimentaria) emprendedora no sector da alimentación e xestión de empresas de dito sector, e Noelia Blanco (Estudio Akelarre) emprendedora no sector do marketing e diseño. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE
|
|||