Educación Física

Programación Departamento Educación Física e Deportiva - Curso 2022/ 2023

SEMANA BRANCA EN SAN ISIDRO

Foi complicado pero finalmente conseguímolo.
Primeiro pola escasez de neve e por pouco píllanos o Coronavirus, pero afortunadamente pasamos tres días estupendos de esquí na estación de montaña de San Isidro en León, aínda que inicialmente contábamos con ir a Leitariegos cambiamos a última hora porque non se daban as condicións.
O comportamento exemplar das 19 rapazas e rapaces de primeiro de bacharelato animan a calquera para repetir, foi unha viaxe estupenda combinando lecer e deporte.

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

O 14 de febreiro celebramos a carreira solidaria colaborando coa ONG Save The Children aportando as doazóns dos participantes e colaboradores. Foi unha xornada lúdica e deportiva polas rúas da Vila. Participaron ó redor de 150 rapazas e rapaces de todos os niveis educativos demostrando solidaridade e deportividade.
Agradecer tamén a colaboración de Protección Civil e a Policía Local no desenrrolo do evento.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

programación hábitos saludables 19/20

NOVAS TORNEO DE FÚTBOL SALA

Xa estamos na segunda fase do torneo de fútbol sala que o alumnado de 2º e 3º da eso ven disputando dende o mes de decembro cunha participación de 7 equipos mixtos e máis de 50 participantes.
A semana que ven celebraranse as semifinais nos dous recreos do luns e do mércores. E a gran final para o seguinte luns.
Animámosvos a asistir de público xa que prometen ser partidos moi disputados.
Sorte a os equipos finalistas!!!!

programación educación física 19/20

CAMPIONATO DE VOLEIBOL - 1º BACHARELATO

O pasado día 17 de marzo celebrouse o I Campionato de Voleibol entre os alumnos de 1º de bacharelato, organizado polo departamento de Educación Física. Participaron seis equipos, tres de 1º de BAC A e tres de B.

 Os gañadores foron unha das seleccións de 1º de BAC B. Parabéns rapaces!

20 XUÑO ANDAINA A SANTO ANDRÉ

O VINDEIRO VENRES 20 DE XUÑO FAREMOS COMO TODOS OS ANOS A NOSA ANDAINA A SANTO ANDRÉ, A SAÍDA FARASE  ÁS 8:20 DA MAÑÁ , DESPOIS DOS 9 KM DE PERCORRIDO TEREMOS UN XANTAR MERECIDO NO LOCAL SOCIAL DA AAVV DE PANTÍN, ANIMÁDEVOS!!! 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO DA ANDAINA DO 2012

 

Distribuir contido