SEMANA BRANCA EN SAN ISIDRO

Foi complicado pero finalmente conseguímolo.
Primeiro pola escasez de neve e por pouco píllanos o Coronavirus, pero afortunadamente pasamos tres días estupendos de esquí na estación de montaña de San Isidro en León, aínda que inicialmente contábamos con ir a Leitariegos cambiamos a última hora porque non se daban as condicións.
O comportamento exemplar das 19 rapazas e rapaces de primeiro de bacharelato animan a calquera para repetir, foi unha viaxe estupenda combinando lecer e deporte.