FOL |
|
|||
O alumnado de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas, 1º CM de Mantemento Electromecánico, 1º CS de Mecatrónica Industrial, e 4º ESO Ciencias Aplicadas, realizan dinámicas de traballo en equipo (FOL - Iniciación á actividade emprendedora e empresarial). |
|||
Os alumnos e alumnas de 1º CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas e CM de Mantemento Electromecánico, e1º CS de Mecatrónica Industrial estiveron a gravar as súas "entrevistas de traballo" para o módulo de FOL...Un gran traballo, parabéns a todos e a todas, pasamos un moi rato facendo os vídeos e vendo o resultado!
|
|||
|
|||
A alumna Gemma López Sixto de 2º ESO B, gañou un premio no concurso " Atrévete a ter unha idea". A entrega de premios foi no Museo do Gaiás en Santiago de Compostela. Parabéns Gemma!
|
|||
Os días 6 e 9 de Maio de 2019, os alumn@s dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior de 1º Curso e FP Básica 1º Curso tiveron a oportunidade de coñecer e valorar a importancia dos primeiros auxilios (RCP, Manobra de Heimlich e prevención dos accidentes máis frecuentes).
|
|||
O día 8 de Maio de 2019 os alumn@s de 2º ESO A - B - C foron de visita a INTASA, importante empresa de fabricación e comercialización de taboleiros e tarima flotante. Trátase de fomentar o emprendemento e dar a coñecer o tecido empresarial da súa contorna dentro do Programa "Atrévete a ter unha idea" 2018/2019.
|
|||
O pasado día 23 de marzo tivo lugar unha xornada de difusión da "Fórmula cooperativa", organizada polas profesoras Isabel Caamaño e Carmen Casas, do departamento de Formación e Orientación Laboral. A ela asistiron os alumnos do ciclo medio de Comercio, de 1º dos ciclos medios de Mantemento e Electricidade, de 1º dos ciclos superiores de Mecatrónica e Administración, da FP Básica, de 2º do PCPI e os alumnos da asignatura "Obradoiro e iniciativas emprendedoras" de 4º da ESO. A xornada foi desenvolvida a través da Oficina Local de Fomento Cooperativo da mancomunidade de concellos da bisbarra de Ferrol, e impartida por Mª Dolores Regueiro Pérez, técnica da Rede Eusumo. O seu obxectivo era a análise das cooperativas como outra forma de facer empresa. Estudáronse as particularidades, principios, valores e tipos, as diferenzas con outras formas xurídicas e as experiencias cooperativas na bisbarra de Ferrolterra. A valoración da actividade foi moi positiva, dada a realidade das cooperativas na nosa bisbarra.
|
|||
Os pasados 14 e 16 de abril tiveron lugar unhas charlas sobre primeiros auxilios organizadas polas profesoras Carmen Casas e Isabel Caamaño, do departamento de Formación e Orientación Laboral. A elas asistiron os alumnos do ciclo medio de Comercio, de 1º dos ciclos medios de Mantemento e Electricidade, de 1º dos ciclos superiores de Mecatrónica e Administración, e de 1º de FP Básica. Estas charlas, de carácter teórico-práctico e impartidas polo profesor Francisco Teijido, tiñan como obxectivos identificar a atención de primeiros auxilios en situacións de risco, recoñecer estas situacións e previr os accidentes máis frecuentes, así como coñecer e practicar as técnicas de primeiros auxilios (reanimación cardiopulmonar, maniobra de Heimlich para atragoamentos, estabilización e transporte de feridos, etc.) A valoración da actividade foi moi positiva, sobre todo polo seu grande contido práctico. O alumnado participante tivo a oportunidade de coñecer e poñer en práctica por eles mesmos as técnicas de primeiros auxilios e as medidas de protección e prevención de accidentes máis frecuentes.
|
|||
O pasado venres 7 de novembro, tivo lugar no Auditorio de Cedeira o obradoiro "Emprendendo dende a Rede", impartido por Borja Rubio Somoza, dinamizador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia. Este acto foi organizado polo departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) do IES Punta Candieira e polo concello de Cedeira, e a el asistiron os alumnos de 1º e 2º do ciclo superior de Administración e finanzas, do ciclo medio de Comercio e de 2º dos ciclos medios de Instalacións eléctricas e automatizadas, de Mantemento electromecánico, e do ciclo superior de Mecatrónica industrial. O obxectivo desta actividade era fundamentalmente afondar sobre dúas temáticas: o emprendemento dende os blogues e o sistema de cofinanciamento e crowfunding. A avaliación da actividade foi moi positiva. O alumnado participante tivo a oportunidade de coñecer as posibilidades de emprendemento dun negocio dende a Rede, utilizando os blogues como medio de publicidade e marketing, e tamén de entender o crowfunding como medio de financiamento da propia empresa.
|
|||