O 14 de Abril o alumnado de 1º Cursos de ciclos Formativos e 1º FP Básica participou nunhas charlas con empresarios da comarca. Trátase de dar resposta á importancia da cultura emprendedora no desemvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da empregabilidade, así como para a sensibilización do alumnado cara a favorecer a introducción do espíritu emprendedor. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Pablo Bermúdez emprendedor no sector da música e a docencia, Carla Iglesias (Empresa La Guagua) emprendedora no sector de eventos, actividades lúdicas e servicios socioculturais, e Hugo Fraga(Empresa Hyliacom) emprendedor no sector do desarrollo de Software e dixitalización.
Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||