Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso dos ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título. Este trámite debe facerse antes da solicitude de admisión a ciclos se desexas seguir estudando.
O pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:
Telemáticamente
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/, os pasos a seguir son:
- Cidadáns
- Apartado: Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
- Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
- Iniciar taxa.
- Introducir os datos da taxa
- Os códigos a cubrir na taxa son:
- 07- Consellería de: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- 13- Delegación: Servizos Centrais
- 03- Servizo: Ensino Medio
- 302003- Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE
- Obxecto do pago: Expedición do título de < ______________(Bachalelato, técnico de... para ciclos medios, técnico superior de... para ciclos superiores)> de < nome e apelidos>
- Datos de pago: A ingresar:
-
-
Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)Familia numerosa
(categoría especial)Duplicado Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€ Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€ Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€.
-
- Os códigos a cubrir na taxa son:
Unha vez feito o pago telemático podes:
- Descargar o PDF do modelo 730 para envialo ao correo electrónico do centro: ies.puntacandieira@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, co fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
- Ou ben imprimilo e achegalo xunto co DNI á Secretaría do Centro.
Presencialmente
Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES Punta Candieira, a continuación terás que cubrir o impreso que se che entrega tal e como se indica no seguinte enlace e os datos de pagamento da táboa seguinte:
Título | Tarifa normal | Familia numerosa (categoría xeral) |
Familia numerosa (categoría especial) |
Duplicado |
---|---|---|---|---|
Bacharelato | 54,00€ | 27,03€ | 0 | 4,98€ |
Técnico (ciclo medio) | 22,07€ | 11,06€ | 0 | 2,55€ |
Técnico superior (ciclo superior) | 54,00€ | 27,03€ | 0 | 4,98€ |