Información da solicitude de títulos

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso dos ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título. Este trámite debe facerse antes da solicitude de admisión a ciclos se desexas seguir estudando.

O pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

 Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/, os pasos a seguir son:

  • Cidadáns
  • Apartado: Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa
    • Os códigos a cubrir na taxa son:
      • 07-  Consellería de: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
      • 13-  Delegación: Servizos Centrais
      • 03-  Servizo: Ensino Medio
      • 302003- Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE
    • Obxecto do pago: Expedición do título de < ______________(Bachalelato, técnico de... para ciclos medios, técnico superior de... para ciclos superiores)> de < nome e apelidos>
    • Datos de pago:  A ingresar:
      • Título Tarifa normal Familia numerosa
        (categoría xeral)
        Familia numerosa
        (categoría especial)
        Duplicado
        Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
        Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
        Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€.

Unha vez feito o pago telemático podes:

  • Descargar o PDF do modelo 730 para envialo ao correo electrónico do centro: ies.puntacandieira@edu.xunta.galxunto coa fotocopia do DNI, co fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
  • Ou ben imprimilo e achegalo xunto co DNI á Secretaría do Centro.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES Punta Candieira, a continuación terás que cubrir o impreso que se che entrega tal e como se indica  no seguinte enlace e os datos de pagamento da táboa seguinte:

Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)
Familia numerosa
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€