Skip to Content

Novas

Curso de atención a urxencias sanitarias para familias

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no CIFP Compostela (Rúa Lamas de Abade, SN, Santiago de Compostela)  e as datas de realización serán os vindeiros días 16 - 23 - 30 de xaneiro entre as 17:00 e as 20:00 H.
 
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a xcarlosro@edu.xunta.es antes do día 15 de xaneiro, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente.
 

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

EspazoFamilias_Boiro

28/11/2018
Europe/Madrid

O EspazoFamilias_Boiro quere invitarvos á primeira das actividades coas que queremos contribuír a sumar ferramentas e reflexións ao labor educativo que compartimos familias e escola. 

 

Ciberseguridade para tod@s

perigo

O vindeiro mércores 21 de novembro ás 16:30 h, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela terá lugar un encontro dirixido a pais/nais, nenos/nenas e profesorado no que se falará sobre a ciberseguridade na casa.

O encontro leva por título "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para tod@s" e nel abordaranse riscos como o sexting, a ciberviolencia de xénero, o ciberbullying ou a fraude dixital da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Se alguén estivese interesado en participar no encontro pode anotarse nesta ligazón.

Eleccións Consello Escolar IES Praia Barraña

 Para consultar os candidatos/as electos/as poden premer na imaxe seguinte:

 

Durante este mes de novembro producirase a renovación parcial do Consello escolar do Centro. Nesta ocasión teremos que renovar os seguintes postos que quedan vacantes:

 

  • Profesorado: 3 postos.
  • Alumnado: 1 posto.
  • Pais/Nais: 1 posto.
  • Persoal Non Docente: 1 posto.

 

No que atinxe ao día da votación cómpre sinalar que as votacións se farán o vindeiro martes 27 de novembro en quendas de mañá e tarde segundo a seguinte previsión establecida pola Xunta Electoral:

 

  • Profesorado: martes pola tarde en Claustro.
  • Alumnado: entre as 10:30 h e as 13:00 h.
  • Pais/Nais: entre as 16:00 h e as 19:00 h.
  • Persoal Non Docente: entre as 13:15 h e as 14:00 h.

 

Para obter máis información sobre o desenvolvemento do proceso poden pinchar na imaxe desta entrada e consultar o calendario do proceso.

 

 

 

Programa de bolsas Amancio Ortega

Ata o vindeiro 30 de outubro ás 13 h está aberto o prazo para solicitar algunha das 600 bolsas convocadas pola Fundación Amancio Ortega para cursar 1º de Bacharelato nos EUA ou Canadá.

Para máis información pódese premer na imaxe e acceder á web da convocatoria.

 

Apertura do prazo de solicitudes de bolsas do MEFP para o curso 2018 - 2019.

 

becas 18_19

 

 

No BOE do pasado 16 de agosto de 2018 publicouse a convocatoria do MEFP para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2018 - 2019:

  • Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos postobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato) ou con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Órgano responsable da convocatoria: MEFP.
  • Prazo de solicitudes: do 17 de agosto ao 01 de outubro de 2018 para estudantes de estudos postobrigatorios e do 15 de agosto ao 27 de setembro de 2018 para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Forma de presentación de solicitudes: telemática a través da sede electrónica.

Para saber máis desta convocatoria poden premer na imaxe desta entrada e acceder á ligazón con toda a información ou ler un resumo da mesma no arquivo adxunto.

Apertura do prazo para solicitar becas para o curso 2017 - 2018.

 

bolsas 17_18

No BOE do pasado 10 de agosto de 2017 publicouse a convocatoria do MECD para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2017 - 2018:

  • Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos posobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato)
  • Órgano responsábel da convocatoria: MECD.
  • Prazo de solicitudes: do 10 de agosto ao 03 de outubro.

Para saber máis poden premer na imaxe desta entrada e acceder á ligazón con toda a información.

Abalar móbil

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado do Centro. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
Para saber máis sobre esta aplicación e como instalala poden premer na imaxe do artigo para acceder a un vídeo explicativo ou, se o prefiren, acceder á guía rápida de descarga e instalación que se lles ofrece en arquivo adxunto.
Distribuir contido


by Dr. Radut