Para consultar os candidatos/as electos/as poden premer na imaxe seguinte:
Durante este mes de novembro producirase a renovación parcial do Consello escolar do Centro. Nesta ocasión teremos que renovar os seguintes postos que quedan vacantes:
- Profesorado: 3 postos.
- Alumnado: 1 posto.
- Pais/Nais: 1 posto.
- Persoal Non Docente: 1 posto.
No que atinxe ao día da votación cómpre sinalar que as votacións se farán o vindeiro martes 27 de novembro en quendas de mañá e tarde segundo a seguinte previsión establecida pola Xunta Electoral:
- Profesorado: martes pola tarde en Claustro.
- Alumnado: entre as 10:30 h e as 13:00 h.
- Pais/Nais: entre as 16:00 h e as 19:00 h.
- Persoal Non Docente: entre as 13:15 h e as 14:00 h.
Para obter máis información sobre o desenvolvemento do proceso poden pinchar na imaxe desta entrada e consultar o calendario do proceso.