O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de convocar as bolsas de carácter xeral para o ano académico 2022–2023, para estudantes que cursen estudios postobrigatorios (Bacharelato, ciclos formativos, estudos universitarios,...).
O prazo para solicitar as mesmas adiántase notablemente respecto ao que viña acontecendo en anos anteriores. O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o día 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022, ás 24:00 horas, hora peninsular, ambos inclusive.
Os/As interesados/as en solicitar ditas axudas deberán cumprimentar o modelo de solicitude que figura na páxina web do citado ministerio a través do seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html
Para máis información sobre este procedemento pódese consultar o seguinte enlace https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Tamén podedes atopar máis información no documento adxunto.