-----------------------------------------------------------
AVISO IMPORTANTE
REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN.
INFÓRMASE DA REANUDACIÓN DOS PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO IES PRAIA BARRAÑA.
AS NOVAS DATAS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN ABRANGUE DENDE O 11 ATA O 18 DE MAIO, INCLUSIVE.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES FARASE DENDE AS 10:00 H ATA AS 13:00 H SEGUINDO AS MEDIDAS DE HIXIENE E SEGURIDADE ESTABLECIDAS POLO CENTRO.
NOVOS PRAZOS DE PUBLICACIÓN DE LISTAXES
A) Listaxe provisional de admitidos/as: 29 de maio de 2020.
Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais: entre o 01 e o 03 de xuño.
B) Listaxe definitiva de admitidos/as: 18 de xuño de 2020.
Prazo de presentación de recurso de alzada: un mes.
As listaxes de admisión de alumnado serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro e non nesta páxina web.
-----------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.
Lugares e formas de presentación das solicitudes.
- Por internet, no enderezo electrónico https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregando no centro unha copia do impreso.
- A través da Sede electrónica da Xunta de Galicia
- De xeito presencial na Secretaría do Centro.
Información xeral sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas.
Poden lela na seguinte ligazón:
Información xeral e prazas vacantes
Documentación necesaria que se deberá entregar:
a) Formulario de admisión ED550B (proporcionado co impreso de prematrícula solicitado polo Centro)
b) DNI do/a alumno/a.
c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
d) Co obxecto de contribuír a unha mellor organización por parte do Centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Con este obxectivo, na táboa seguinte recóllense os impresos organizados por cursos xunto co formulario normalizado ED550B:
ESO | BAC |
1º | 1º |
2º | 2º |
3º | |
4º |
Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Praia Xardín e IESP A Cachada) que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 17 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no IES Praia Barraña na etapa correspondente.
As listaxes deste alumnado admitido polo procedemento de reserva de praza están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.
Máis adiante publicarase tamén no devandito taboleiro a listaxe de alumnado que, tendo presentada instancia durante o periodo de admisión, fose admitido no centro, segundo o seguinte calendario:
A) Listaxe provisional de admitidos/as: 17 de abril de 2020.
Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais: entre o 20 e o 24 de abril.
B) Listaxe definitiva de admitidos/as: 13 de maio de 2020.
Prazo de presentación de recurso de alzada: un mes.