Publicadas as convocatorias do MEFP para a solicitude de bolsas para o vindeiro curso 2019 - 2020:
- Destinatarios: estudantes que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, cursen estudos postobrigatorios (1º ou 2º de Bacharelato) ou con necesidades específicas de apoio educativo.
- Órgano responsable da convocatoria: MEFP.
- Prazo de solicitudes:do 01 de agosto ao 01 de outubro de 2019 para estudantes de estudos postobrigatorios e do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019 para estudantes con necesidades específicas de apoio educativo.
- Forma de presentación de solicitudes: telemática a través da sede electrónica.
No caso de solicitudes de bolsa para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo poderán facerse tamén no noso Centro sen necesidade de presentación telemática.