Skip to Content

Novas

ACTIVIDADE TITORIAL "O PASO DO TEMPO" EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE DIA DE BOIRO

O  alumnado do  grupo  1º ESO C estivo  a  traballar unha  película durante  o  mes  de  xuño,  na que  se  reflicte o  paso  do  tempo  no  ser  humano.  Co  obxectivo  de  contribuir  o  coñecemento  e  o  respeto  cara  os  nosos  maiores  e  grazas  a  increíble  colaboración  do  personal  do  Centro  De  Día  do  Concello  de  Boiro ,  o  alumnado  visitou aos  maiores  de  dito  centro  acompañados  da  súa titora  Pury Vez.  Durante  a  estadía  no  centro,  a  rapazada adolescente  participou en  actividades conxuntas ca  rapazada  maior,  tales  como  carreiras con  andadores (  nas  que  os  xóvenes  levaban os  brazos  e  pes  atados  para reducir a  súa  movilidade) ,  concursos de  bordado ( nos  que  os  xóvenes  levaban luvas  para  simular a  reducción de  movilidade causada  pola artrosis) xogos  con  gafas  que  impiden  a  visión  nunha  simulación  de  cataratas  ou tapóns  nos  oídos  para  simular  pérdida de  audición. A  rapazada  adolescente implicouse  en  todas  as  actividades  amosando  cariño  e  respeto.  A  súa  actitude  foi  impecable  e  a  sensación de  " queremos  voltar".  Noraboa  a  todos. 

actividade titoria Puri1.jpg

 

 

actividade titoria puri 2_1.jpg

 

 

puri 3.jpg

 

Puri 4.jpg

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4ºESO

   Do 12 ao 18 de xuño tivo lugar a tradicional excursión de fin de estudos de 4ºESO que este ano nos levou a terras italianas.

Visitando Roma e Florencia puidemos ver moitos museos (Museos Vaticanos, Museos Capitalinos, Museo Terme Di Diocleziano, Galeria Uffizi, Museo Ara Pacis, Catacumbas de San Calixto,....) e tamén apreciamos grandiosos monumentos históricos pero, sobre todo, disfrutamos convivindo todos xuntos.

Sen dúbida, andar polo mundo é das mellores formas de aprender e adquirir experiencias valiosas para a vida.

Agora toca gozar do verán.

roma florencia 4eso_1.jpg

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA- RESUMO DAS ACTIVIDADES #MAIONATURALNOBARRAÑA2019.

  Despedímonos deste #maionaturalnobarraña2019 encantados de promover os deportes de aventrura e en contacto ca natureza.

 Temos claro que ensinar e aprender pode ser algo divertido e enriquecedor para ámbolos dous lados.

 Sen dúbida estes días de aventuras e amizade serán vivencias que han perdurar no recordo.

Para o ano prometemos mais.

*Recordade que podedes seguir as actividades deportivas do insti nas redes sociais. barrañadeportiva ou barranadeportiva

 

ACTIVIDADE PARA 1º ESO: "XOGANDO CO MAR E O VENTO"

 

 

ACTIVIDADE PARA 2ºESO: MULTIAVENTURA 

AVENTURA 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 3º ESO: RAFTING NO RÍO MIÑO 

 

RAFTING 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 4º ESO: PADDLESURF E KAIAK DE MAR EN BARRAÑA.

 

 

PADEL KAYACK 2019_0.jpg

ACTIVIDADE PARA 1º BACHARELATO: INICIACIÓN AO SURF NA LADEIRA.

 

SURF 2019.jpg

 

 

barrañadeportiva logo_0.png

 

 

Admisión 2019 - 2020 (listaxes definitivas de admitidos)

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido para cursar os seus estudos no IES Praia Barraña están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.

Debemos recordar que todo aquel alumnado que fixo a súa reserva de praza no mes de febreiro e aqueloutro que presentou solicitude de admisión entre os días 01 e 20 de marzo están admitidos no IES.

Charlas do escritor basco Jon Arretxe

O pasado xoves 25 de abril pasou polo noso IES o escritor de novela negra Jon Arretxe no marco da primeira edición do proxecto denominado Barraña Negro, unha actividade que pretende dar a coñecer este tipo de novela á comunidade educativa e establecer vínculos con escritores e escritoras deste tipo de literatura.

Os encontros do autor comezaron a primeira hora da xornada dándolle a coñecer a este os gravados que o alumnado do 2º de Bacharelato de Artes creou para a ocasión, inspirándose na trama da novela 19 Cámaras.

Un pouco máis tarde Jon presentou ao alumnado de Literatura Universal a súa primeira entrega da denominada saga "Touré", unha serie de novelas protagonizadas polo detective - vidente negro, chamado Touré, que desenvolve as súas pescudas na cidade de Bilbao e, máis concretamente, no barrio de San Francisco.

A media mañá o escritor puido coñecer tamén os traballos de investigación e crítica elaborados polo alumnado que participou nos encontros e relacionados cos principais temas que desenvolve 19 Cámaras.

A xornada de encontros concluíu coa charla - tertulia que se produciu entre o creador da saga literaria e todo o alumnado e profesorado que forma parte do Clube de Lectura do IES Praia Barraña.

Sen dúbida resultou ser un día moi fructífero e ameno e no que, tanto escritor como asistentes ás súas charlas, gozaron intercambiando impresións e opinións sobre literatura negra.

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2019

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Praia Barraña, convocan os concursos de poesía, relato curto e banda deseñada para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao historiador Antonio Fraguas.

 

 

 

BASES:

 

1. Todos os traballos deben ser orixinais e estar escritos en lingua galega.

 

2. O tema é o proposto para o proxecto de investigación deste curso: A loita pola igualdade, a diversidade, a violencia de xénero...

 

3. A data límite de entrega de traballos é a última semana de maio.

 

4. Os traballos, asinados baixo un “pseudónimo” presentaranse nun sobre grande, no que se fará constar no seu exterior a modalidade do concurso. Acompañará outro sobre pequeno pechado que conteña os datos persoais do autor ou autora ( nome, apelidos, curso e grupo ). Deberán gardarse tamén en formato “pen drive” ou soporte dixital para ser editados na revista do centro.

 

POESÍA: O poema ou poemas -máximo tres-, terán unha extensión libre e presentaranse impresos en papel DIN A4 por unha soa cara.

 

RELATO CURTO: O relato terá unha extensión mínima de 2 folios DIN A4, mecanografados a dobre espazo.

 

BANDA DESEÑADA: A técnica, o material e o estilo son libres. Poderán entregarse en papel ou formato dixital (DIN A4 ou proporcional). A extensión tamén é libre. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas (debuxante e guionista).

 

5. O xurado estará formado por profesores e profesoras do centro.

 

6. Establécense tres categorías: Primeiro ciclo da ESO, Segundo ciclo da ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

 

7. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro e os traballos premiados editaranse na revista do centro.

 

8. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno.

 

 

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

CHARLA MEDIOAMBIENTAL E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS EN PRAIA BARRAÑA.

O IES Praia Barraña participou encantado ca Asociación Chelonia, no marco do proxecto “Mares Circulares”, patrocinado por The Coca-Cola Foundation, e que organiza un concurso en apoio á realización de proxectos de investigación ou estudos científicos que incrementen o coñecemento sobre a problemática e os impactos dos lixos mariños e os residuos sólidos e ofrezan alternativas para reducilos en mares, costas e ambientes acuáticos e busquen solucións que promovan, ao mesmo tempo, a economía circular.

Os alumnos de 1ºESO disfrutaron primeiro dunha charla para posteiormente facer un traballo de campo na nosa contorna próxima e realizaron unha retirada selectiva de residuos na Praia de Barraña onde aprenderon que si todos colaboramos en pequenas cousas podemos alcanzar grandes obxetivos.

 grupo limpeza 2.jpg

  

residuo_0.jpggrupo limpieza  1_1.jpg

 

EQUIPO DO IES PRAIA BARRAÑA NA CARREIRA DE ORIENTACIÓN -FASE PROVINCIAL-

   O martes 9 de Abril celebrouse na Coruña a Fase Provincial de Orientación. Os integrantes do equipo IES PRAIA BARRAÑA previamente clasificados na Fase Comarcal fixeron un gran traballo representándonos con gañas e ilusión.

   Mención especial para o alumno Alejandro Valiño Rodríguez que co seu 4º posto conseguiu clasificarse para o Campionato Autónomico de Orientación.

equipo orientación provincial_0.jpg

Distribuir contido


by Dr. Radut