Skip to Content

Novas

VI Semana Temática: Diversidades

Premendo na imaxe pódense consultar as actividades que se desenvolverán durante esta semana adicada á identidade e diversidade de xénero.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN, FASE COMARCAL- DEPORTE ESCOLAR XOGADE.

Algúns dos alumnos de 1º e 3º da ESO do IES PRAIA BARRAÑA participaron na "Fase Comarcal de Orientación" disputada no parque da Cachada do noso concello o pasado xoves 21 de Marzo.

Noelia Vilarnovo Suárez acadou o segundo posto na categoría Infantil Feminino, e Alejandro Valiño Rodríguez subiu ao primeiro posto na categoría Cadete Masculino.

Parabéns a todos os participantes por haber gozado dunha grata experiencia deportiva e por apostar por un estilo de vida activo e saudable. 

 

Admisión de alumnado no IES Praia Barraña

 

 

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Información xeral sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas.

Poden lela na seguinte ligazón:

Información xeral e prazas vacantes

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Formulario de admisión ED550B (proporcionado co impreso de prematrícula solicitado polo Centro)

b) DNI do/a alumno/a.

c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

d) Co obxecto de contribuír a unha mellor organización por parte do Centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Con este obxectivo, na táboa seguinte recóllense os impresos organizados por cursos xunto co formulario normalizado ED550B:

ESO BAC
 
 

 

Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Praia Xardín e IESP A Cachada) que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 15 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no IES Praia Barraña na etapa correspondente.

As listaxes deste alumnado admitido polo procedemento de reserva de praza están expostas no taboleiro de anuncios do Centro adscrito  para a súa consulta pública.

CHARLA POLA IGUALDADE DAS MULLERES EN BOLIVIA

O luns día 4 de Febreiro tivemos a sorte de contar ca presenza da activista feminista,  Martha Noya Laguna para impartir unha charla aos alumnos de 1º Bacharelato do centro.

 

Martha Noya Laguna é  avogada, exVice Ministra de Asuntos de Xénero e Xeneracional do Governo de Bolivia, membro do Tribunal de Imprenta, voluntaria da ONG Centro Juana Azurduy, en defensa dos dereitos das mulleres.

Autora de publicacións como:

“Hasta que la violencia nos separe” – Violencia contra a muller (2002)

“En una mano ley y en otra hiel” – Violencia contra os nenos (2003)

 

“La sana crítica del Juez en la aplicación de la justicia a los casos de violencia contra mujeres” (2014)

 

 

 

Curso de atención a urxencias sanitarias para familias

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no CIFP Compostela (Rúa Lamas de Abade, SN, Santiago de Compostela)  e as datas de realización serán os vindeiros días 16 - 23 - 30 de xaneiro entre as 17:00 e as 20:00 H.
 
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a xcarlosro@edu.xunta.es antes do día 15 de xaneiro, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente.
 

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

EspazoFamilias_Boiro

28/11/2018
Europe/Madrid

O EspazoFamilias_Boiro quere invitarvos á primeira das actividades coas que queremos contribuír a sumar ferramentas e reflexións ao labor educativo que compartimos familias e escola. 

 

CHARLA SOBRE PROXECTOS SOLIDARIOS

Dende o IES Praia Barraña queremos agradecer a Rubén Lijó Santos a charla sobre proxectos solidarios que impartiu ao noso alumnado de 1º é 2º da ESO.

De seguro que para os alí presentes foi un auténtico pracer escoitar as súas experiencias coma voluntario en Lesbos, Libia, etc.  

Desexamos que pronto poidas continuar co proxecto "Pegasus" e que continues levando axuda e valores solidarios a moitos mais lugares que tanto o precisan. 

Grazas Rubén.

Distribuir contido


by Dr. Radut