O alumnado do grupo 1º ESO C estivo a traballar unha película durante o mes de xuño, na que se reflicte o paso do tempo no ser humano. Co obxectivo de contribuir o coñecemento e o respeto cara os nosos maiores e grazas a increíble colaboración do personal do Centro De Día do Concello de Boiro , o alumnado visitou aos maiores de dito centro acompañados da súa titora Pury Vez. Durante a estadía no centro, a rapazada adolescente participou en actividades conxuntas ca rapazada maior, tales como carreiras con andadores ( nas que os xóvenes levaban os brazos e pes atados para reducir a súa movilidade) , concursos de bordado ( nos que os xóvenes levaban luvas para simular a reducción de movilidade causada pola artrosis) xogos con gafas que impiden a visión nunha simulación de cataratas ou tapóns nos oídos para simular pérdida de audición. A rapazada adolescente implicouse en todas as actividades amosando cariño e respeto. A súa actitude foi impecable e a sensación de " queremos voltar". Noraboa a todos.