Actividades
25 de novembro (iii)
Enviado por Visitante o Xov, 30/11/2017 - 05:20Para rematar coas actividades que conmemoran o 25N, Chus Vázquez, vicedirectora deste centro, programou tres sesións interactivas nas que Gloria Vázquez e as súas compañeiras da Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a Defensa de Mulleres e Nen@s Superviventes da Violencia de Xénero e/ou Abusos) abordaron a problemática da violencia machista co noso alumnado de 3º ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. Foron moi instrutivas, polo que de seguro repetiremos experiencia.
25 de novembro (ii)
Enviado por Visitante o Ven, 24/11/2017 - 17:2616 de novembro: Día Mundial da Filosofía 2017
Enviado por Visitante o Ven, 17/11/2017 - 14:05Como vén sendo costume, o Departamento de Filosofía conmemora o seu día mundial cunha exposición da vida e obra dos filósofos e filósofas máis relevantes e cun estupendo photocall que fixo as delicias do noso alumnado máis novo. En palabras da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, "... a filosofía é un baluarte contra a estreitura de miras..."
25 de novembro
Enviado por Visitante o Mar, 14/11/2017 - 11:29
Temos por diante unha semana comprometida con esta causa, polo que precisaremos da vosa axuda. Súmate á xeira!!!
Samaín 2017 (II)
Enviado por Visitante o Mar, 31/10/2017 - 14:52Samaín 2017
Enviado por Visitante o Lun, 30/10/2017 - 13:49Día Internacional da Biblioteca
Enviado por Visitante o Mar, 24/10/2017 - 10:21O 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego, co lema: "Aprender a pensar coa biblioteca escolar". No IES Pontepedriña aproveitouse para que o noso novo alumnado de 1º ESO se familiarizase coa biblioteca e tirase proveito dela. Estamos segur@s de que así será.
Visita ao Museo do Mar (Vigo)
Enviado por Visitante o Mar, 24/10/2017 - 06:08Os departamentos de Lingua Galega, Xeografía e Historia, Música e o Equipo de Dinamización e Normalización organizamos unha visita ao Museo do Mar en Vigo co alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato. Foi a ocasión perfecta para poder ver o Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de amigo compostas por Martín Códax no século XIII, aproveitando que estará alí exposto ata o vindeiro 4 de marzo.
Tras pasar a mañá no Museo, antollouse boa idea viaxar en barco ata a Illa San Simón, co gallo de coñecer o seu pasado histórico como leprosaría, cárcere ou fogar de orfos. O tempo acompañou, polo que se puido gozar desta paisaxe única.
Contra a violencia de xénero (Concello de Lalín)
Enviado por Visitante o Ven, 13/10/2017 - 03:30Queremos animar ao noso alumnado a loitar contra a violencia de xénero nun concurso que organiza o Concello de Lalín. Velaquí as dúas modalidades de participación:
1. XIV Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2017
2. VI Concurso de Tuits conta a violencia de xénero 2017
Bulide!!! Os prazos de presentación rematan o 3 de novembro e o 10 de novembro, respectivamente. Podedes atopar máis información en www.lalin.gal
Curtocircuito 2017
Enviado por Visitante o Ven, 06/10/2017 - 03:28
Alí, e dentro do programa Teenage Riot que insta á mocidade a loitar polos seus ideais, gozaron destas tres curtas na súa versión orixinal con subtítulos en lingua galega:
Wenn du rausgehst (Se saes), de Nuria Gómez Garrido (Alemaña). Esta última colleitou moi boas críticas entre o noso alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »