Actividades
Para as actividades propostas dende normalización lingüística
Concurso de felicitacións de ano novo
Enviado por Visitante o Ven, 30/11/2018 - 16:08Continuamos coa sección Aulas de inverno, que comezamos o curso pasado, animando ao noso alumnado a que deseñe a súa tarxeta para felicitar o ano novo. A tarxeta gañadora será a que se empregará para felicitar a toda a comunidade educativa. Podedes consultar aquí as bases:
Literatura contra o maltrato
Enviado por Visitante o Xov, 29/11/2018 - 17:34O último dos actos desenvolvidos no noso centro para sumarnos á loita contra a violencia machista foi unha exposición de textos e un maratón de lectura. Graciñas a Carmen Navarro Ilustración por deixarnos usar unha das súas obras na portada do vídeo e a toda a comunidade educativa que colaborou con esta actividade. Agardemos que nun futuro non moi lonxano non teñamos xa que lembrar o 25 de novembro.
Eneálogo contra o machismo
Enviado por Visitante o Ven, 23/11/2018 - 14:11No IES Pontepedriña, quixemos que o alumnado reflexionase sobre aquelas condutas que poderían considerarse machistas, co gallo de facer un eneálogo a xeito de denuncia. Estamos máis que satisfeitxs co resultado!!!
O curruncho das escritoras. Arantza Portabales
Enviado por Visitante o Dom, 04/11/2018 - 17:47Este curso queremos continuar a actividade que iniciamos a ano pasado chamada O Curruncho das Escritoras. Desta volta, temos a sorte de contar coa autora galega nada en Donostia, Arantza Portabales. O martes 6 de novembro ás 16:30 o noso alumnado de 1º Bacharelato terá ocasión de resolver as dúbidas que lle xurdiron ao ler Deixe a súa mensaxe despois do sinal. De seguro será unha análise da súa obra moi interesante.
Samaín 2018 (ii)
Enviado por Visitante o Mér, 31/10/2018 - 18:25Samaín 2018
Enviado por Visitante o Lun, 22/10/2018 - 05:30O ENDL do Pontepedriña queremos animarvos a que deades renda solta á vosa creatividade, así que vos pedimos que deixedes voar a imaxinación e decoredes a vosa propia cabaza de Samaín. Estamos desexando velas!!!
Gañadorxs do II Concurso de booktrailers
Enviado por Visitante o Lun, 25/06/2018 - 16:45Andrés Osorio Leyenda foi o gañador do noso concurso co seu booktrailer: "A rateira". Moitos parabéns!!!
Andrea Freire Valiño obtivo o 2º premio no concurso co seu booktrailer: "A señorita Bubble". Excelente!!!
Parabéns a Elena Eiras Fariña por obter o 3º premio no concurso co seu booktrailer: "Xoeleiki, as aventuras dun ciberpirata".
Mª Victoria Moreno. Unha historia de amor
Enviado por Visitante o Dom, 20/05/2018 - 13:24Rematamos a semana dedicada á Letras Galegas coa posta en escena de "Mª Victoria Moreno. Unha historia de amor", de Serafín Marcos.
Concerto didáctico do coro Son Elas
Enviado por Visitante o Ven, 18/05/2018 - 13:56 Da man de Cristina Quintáns Ruído (Dpto. Música) o alumnado de 1ºESO, 3ºM e FP Básica puido experimentar en vivo a técnica vocal do fantástico coro Son Elas na semana das Letras Galegas. Bravo!!!
Día das Letras Galegas 2018
Enviado por Visitante o Xov, 17/05/2018 - 10:23Velaquí a pequena achega do IES Pontepedriña para homenaxear a Mª Victoria Moreno no día das #LetrasGalegas2018.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »