Actividades
XXIII Certame de Teatro Intercentros
Enviado por Visitante o Sáb, 12/05/2018 - 09:55Un ano máis o alumnado do IES Pontepedriña que forma parte do grupo de teatro participou no Certame de Teatro Intercentros. Baixo o título Over de rainbow, foron quen de facernos rir e de amosarnos o seu talento interpretativo no Teatro Principal. Parabéns!!!
Correlingua 2018
Enviado por Visitante o Sáb, 12/05/2018 - 05:32Lecturas feministas
Enviado por Visitante o Ven, 11/05/2018 - 16:52Visita de Berta Dávila
Enviado por Visitante o Mar, 01/05/2018 - 06:07A última autora coa que tivemos a sorte de contar no Curruncho das Escritoras foi Berta Dávila. O noso alumnado de 1º Bach tirou proveito da súa visita para entender mellor O Derradeiro Libro de Emma Olsen e mesmo puido entrevistala. Foi un verdadeiro pracer tela connosco!
Día Internacional do Libro
Enviado por Visitante o Lun, 23/04/2018 - 11:57II Concurso de Booktrailers
Enviado por Visitante o Mar, 17/04/2018 - 13:49O ENDL do IES Pontepedriña convoca o II Concurso de Booktrailers, isto é, vídeos de promoción de libros de lectura, co fin de promover a lectura de libros en galego, o uso da lingua galega en relación coas TIC e a creatividade do alumnado. A convocatoria e a resolución deste concurso rexerase polas seguintes bases:
Enreguéifate (ii)
Enviado por Visitante o Sáb, 14/04/2018 - 06:16Tras a primeira entrega de Enreguéifate, os mestres de regueifa Alba María e Josinho da Teixeira volveron impartir a segunda parte do obradoiro. Foi incrible como lograron que ata aqueles máis tímidos de 1º e 2º ESO se soltaran e conseguiran improvisar as rimas. Foi unha experiencia moi enriquecedora e tivemos a sorte de contar cos mellores. Graciñas Alba e Josinho polo voso bo facer. Seguro que repetiremos.
Enreguéifate
Enviado por Visitante o Sáb, 07/04/2018 - 04:56Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Onte puidemos participar nun dos obradoiros Enreguéifate que teñen como finalidade que a mocidade aprenda métodos de improvisación oral. Da man de Alba María e Josinho da Teixeira, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e FP Básica puido amosar as súas dotes para improvisar. Pasámolo de medo!
Visita de Ledicia Costas
Enviado por Visitante o Xov, 15/03/2018 - 18:16Charla da Asociación Vela-luz
Enviado por Visitante o Mér, 14/03/2018 - 08:46- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »