Novas da Secretaría

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DA CONSELLERÍA ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai distribuir máscaras entre o alumnado e o pasado 13 de novembro publicou os criterios e o procedemento que se seguirá.

Quen pode recibir a axuda?
O alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial que cumpra algún destes requisitos:

  • teña unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
  • estea matriculado en educación especial, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou estea baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia.


Quen ten xa concedida a axuda para máscaras?
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, é dicir, o alumnado ao que lle foi concedido o vale de 50 € para material escolar. Este alumnado non precisa facer solicitude para máscaras, xa as ten concedidas.

Quen non pode presentar solicitude para máscaras?
O alumnado que presentou solicitude para material escolar e resultou excluído por superar o nivel de renda.

Quen pode presentar solicitude para máscaras?

  • o alumnado que presentou solicitude de material escolar e non se lle concedeu o vale de 50€ por unha causa que non fose “superar o nivel de renda”.
  • o alumnado que non presentou solicitude de material escolar.


Como presentar unha solicitude para máscaras?

GRATUIDADE DAS AXENDAS ESCOLARES CURSO 2020/21

16/09/2020 06:22

Informamos ás familias de que este curso se entregarán axendas escolares do centro de maneira gratuita a todo o alumnado de 1ºESO, ao alumnado de 2ºESO exento de francés e ao alumnado de 3ºESO PMAR.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS 2020/21

14/09/2020 08:53

Con data de hoxe foi publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas de Fondolibros.

Débese consultar no taboleiro de anuncios do centro, agás nos casos de presentación electrónica, que o poden consultar por vía telemática.

O horario de apertura ao público é de luns a venres, de 9:00 a 14:30.

MATRÍCULA SETEMBRO. CURSO 2020/21

O alumnado deberá cubrir no seu domicilio os impresos que lle foron entregados, e acudir ao centro para formalizar a matrícula no día e franxa horaria que lle corresponda, tal e como se indica no calendario de matriculación que se pode consultar nesta páxina.

Cando haxa que matricular a varios irmáns poderase facer nun só día. É imprescindible traer todos os documentos xa cubertos da casa.

Tamén se solicita información sobre os dispositivos electrónicos e a conectividade da que dispón o alumno no seu domicilio en previsión de que se poida volver a producir unha situación similar á provocada polo COVID-19 no último trimestre do curso 2020/21.

O alumnado que vaia cursar a Formación profesional básica (FPB) non deberá formalizar a matrícula neste centro.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2020/21

A Consellería de Educación publicou o día 31 de agosto novas instrucións para a posta en marcha do curso escolar incluíndo cambios respecto do publicado anteriormente que afectan á organización do centro e que aínda estamos a implementar.

Con todo, consideramos oportuno compartir xa algunha información inicial coa comunidade educativa aínda que advertimos que pode haber cambios en función da evolución da situación.

  • O centro ten formado un equipo (Equipo COVID) que está traballando na adaptación do protocolo COVID e que fará reunións informativas para alumnado, familias e personal durante o mes de setembro. Nesas reunións explicaranse as novas normas de organización do centro e as instrucións de seguridade e hixiene publicadas conxuntamente  polas Consellerías de Educación e Sanidade.

 

  • No curso 2020-21 deixaremos de funcionar con aulas materia e pasaremos a usar aulas de grupo así que se eliminarán as taquillas e devolveranse todas as fianzas do curso pasado  (10 € se se devolveu a chave e non hai desperfectos ou menor cantidade se hai algo pendente de descontar). O propio alumnado poderá recoller esta fianza e asinará un recibín así que, para evitar aglomeracións, estas devolucións faranse escalonadamente.

 

  • Calendario provisional de actividades de inicio de curso: consultar no documento adxunto.