Novas

A EDUCACIÓN A DISTANCIA

Na aula virtual do Centro de formación e recursos (CFR) de Pontevedra ofrecen un curso aberto para as familias no que se explica como usar diversas ferramentas relacionadas co ensino telemático como Webex, abalarMóbil ou Moodle. É importante coñecelas para poder axudar mellor aos vosos fillos no seu traballo a distancia.

Enlace ao curso.

 

 

 

 

 

 

Derradeira actividade da campaña "A Igualde Multiplica". Participade!!!

Moi boas familias,

vos presentamos a derradeira actividade da campaña  "A Igualde Multiplica".

Nesta ocasión vos pedimos que gravedes en vídeo unha frase donde a familia se posiciona unida en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade.  Deixamos que a frase a pensedes vós e que no vídeo esté o maior número posible de persoas da familia.

Xuntamos unha imaxe explicativa e o documento de cesión de imaxe.

Lembrade poñer o móvil en horizontal para facer a gravación. Non temos moito tempo porque o proxecto temos que rematalo a finais deste mes.

Vos agradecemos que enviedes os vídeos antes do luns 23 de novembro.

 

Animádevos a participar!!!

Un saúdo

ADAPTACIÓN DO PLAN DE ENSINO VIRTUAL ANTE A COVID-19

Estimadas familias.

O 2 de novembro publicouse o Plan de ensino virtual ante a COVID-19 que, segundo a Xunta de Galicia,  permitirá continuar  co  proceso  formativo  do  alumnado  en  caso  de  corentenas  ou confinamentos derivados da actual crise sanitaria.

No documento adxunto o alumnado e as súas familias dispoñen dunha breve explicación sobre como se vai adaptar dito Plan no noso centro. É importante lelo con calma e atención para entender de que xeito se deberán seguir as clases en caso de non poder asistir ao instituto.

Achéganse tamén os horarios de cada grupo, que son os mesmos que se siguen nas clases presenciais e que os alumnos deberán cumprir dende os seus domicilios atendendo ás indicacións que se especifican no documento adxunto.

AVISO IMPORTANTE

4 de novembro de 2020

Estimadas familias.

No día de hoxe tivemos confirmación doutro caso positivo da COVID-19 no noso centro.

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e educativas, ao longo do día porémonos en contacto a través de abalarMóbil coas familias de contactos estreitos e daremos as indicacións pertinentes sobre como actuar nesa situación.

Calquera outra información que poida ser de interese será transmitida á comunidade educativa o máis axiña posible.

A situación epidemiolóxica que estamos a vivir é complexa e difícil para todos, polo que rogamos prudencia e discreción.

Adxuntamos instrucións para o alumnado que se puidese ver obrigado a gardar corentena.

AVISO IMPORTANTE

3 de novembro de 2020

Estimadas familias.

Á última hora da tarde de hoxe tivemos confirmación do segundo caso positivo da COVID-19 no noso centro.

As autoridades sanitarias non estableceron neste caso contactos estreitos.

Calquera outra información que poida ser de interese será transmitida á comunidade educativa o máis axiña posible.

A situación epidemiolóxica que estamos a vivir é complexa e difícil para todos, polo que rogamos prudencia e discreción.