Novas da Biblioteca

APERTURA DA BIBLIOTECA: NOVAS RUTINAS

A  Biblioteca xa abriu as súas portas

Neste período de excepcionalidade sanitaria por mor da Covid-19 na biblioteca seguiránse as normas establecidas polas autoridades sanitarias e educativas, supervisadas no noso Centro polo equipo Covid-19 e na Biblioteca ademais polo Equipo responsable desta.

Non obstante e a pesares destas excepcionais circunstancias, a Biblioteca segue a ser o centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe para toda a Comunidade Educativa. Así manteremos o horario habitual de apertura nos recreos da semana (11:30- 11:55)

Dende o Equipo da Biblioteca elaboramos uns carteis  que nos farán recordar mellor o cumplimento das normas de seguridade e tamén nos informarán das novidades no funcionamneto da biblioteca neste novo curso.

BENVID@S Á BIBLIO

VAL DOS LIBROS: O noso club de Lectura na revista educativa EDUGA (nº 73)

No último número da revista galega de Educación -EDUGA- (nº 73. Xaneiro-Xuño.2017) públicase un artigo sobre o Club de Lectura do IES no que se conta brevemente a traxectoria deste ao longo dos últimos tres cursos.

Para ler o artigo pincha sobre a imaxe.

"VAL DOS LIBROS" (2014-2015): Os nosos clubs de lectura

Xa co curso rematado damos conta nunha breve presentación das actividades levadas a cabo polo alumnado de 3º e 4º da ESO que participou nos nosos clubs de lectura. Ler, comentar e crear foron as premisas do club de lectura guíado polas nosas compañeiras do Equipo da Biblioteca Chus Diéguez e Isabel Prado, do Departamento de Lingua Galega, así como Susana Trigo, do Departamento de Ciencias Sociais. O alumnado participou tamén no Club de Lectura en Portugués guíado polo noso compañeiro Alfonso Díaz- Foni- coordinador do Departamento de Normalización Lingüística. Velaí a presentación, se pinchas a seguinte imaxe.

Bo verán a tod@s

PONTENABIBLIO. "Ler no Verán" 2014-2015

19/06/2015 20:33

Cando o curso xa chega ao seu fin e atrás quedan clases, tarefas escolares e exames e un bo momento para descansar e lecer. NON TE ESQUEZAS DOS LIBROS.

Dende a Biblioteca do IES  suxérimoste algúns títulos para ler no verán. Bótalle unha ollada ao noso boletín.

SEMANA DA PRENSA (Marzo 2015) ; Exposición "Xornais do Mundo" na Biblioteca

Co gallo de a Semana da Prensa o equipo da Biblioteca escolar está a organizar unha exposición na que se amosa unha boa colección de xornais de distintos países do mundo. Esta mostra foi posible grazas ao agasallo de xornais e revistas envíados ao IES dende distintas embaixadas, as que lles foron solicitados, e tamén grazas á colaboración do IES da Illa de Arousa que amablemente emprestounos unha gran colección de xornais cos que conta a súa biblioteca. Ao longo desta semana xa foron algúns grupos dos nosos alumnos e alumnas da ESO acompañados dos seus profesores e titores os que disfrutaron desta exposición botándolle unha ollada aos xornais e traballando nunha pequena ficha- actividade.