Novas da Secretaría

BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO PARA O CURSO 2020/21

Ábrese o prazo de solicitude de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2020/21.

Para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios o prazo vai desde o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Pódese consultar a información completa e tramitar a solicitude nesta web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/21

Adxúntase relación de libros de texto para o curso 2020/21.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

10/07/2020 09:51

Con data de hoxe foi publicada a listaxe provisional de solictudes admitidas e excluídas de Fondolibros.

Débese consultar no taboleiro de anuncios do centro, agás nos casos de presentación electrónica, que o poden consultar por vía telemática.

As solicitudes excluídas teñen dous días, a partir do luns, para alegacións.

 

MATRÍCULA CURSO 2020/21

O alumnado que non é novo no instituto deberá cubrir no seu domicilio os impresos que lle foron entregados, e acudir ao centro para formalizar a matrícula no día e franxa horaria que lle corresponda, tal e como se indica no calendario de matriculación que se pode consultar nesta páxina.

Cando haxa que matricular a varios irmáns poderase facer nun só día. É imprescindible traer todos os documentos xa cubertos da casa.

Tamén se solicita información sobre os dispositivos electrónicos e a conectividade da que dispón o alumno no seu domicilio en previsión de que se poida volver a producir unha situación similar á provocada polo COVID-19 no último trimestre do curso 2020/21. O documento pódese descargar nesta páxina ou collelo no centro (non foi entregado co resto da documentación)

MATRÍCULA 1ºESO (alumnado novo) CURSO 2020/21

Os alumnos que se matriculan por primeira vez en 1º de ESO deberán recoller os documentos de matrícula na conserxería do centro ou descargalos directamente desta páxina.
Cada alumno cubrirá os impresos no seu domicilio e acudirá ao centro para formalizar a matrícula os días 9 e 10 de xullo na franxa horaria que lle corresponda, tal e como se indica no seguinte documento.

Cando haxa que matricular a varios irmáns poderase facer nun só día. É imprescindible traer todos os documentos xa cubertos da casa.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Para todo o alumnado

  • Impresos debidamente cubertos. (Descargar)
  • 4 Fotografías tamaño carnet.
  • Copia do DNI ou NIE e tarxeta sanitaria.

Usuarios de transporte

Usuarios de comedor

  • Modelo de autodeclaración e especificacións. (Descargar)

Parellas separadas

  • Formulario separación. (Descargar)
  • Copia da última sentenza (no caso de habela). Non será necesaria se xa foi entregada anteriormente no centro.

Outra documentación

  • Certificado de minusvalía