A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai distribuir máscaras entre o alumnado e o pasado 13 de novembro publicou os criterios e o procedemento que se seguirá.
Quen pode recibir a axuda?
O alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial que cumpra algún destes requisitos:
- teña unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
- estea matriculado en educación especial, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou estea baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Quen ten xa concedida a axuda para máscaras?
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, é dicir, o alumnado ao que lle foi concedido o vale de 50 € para material escolar. Este alumnado non precisa facer solicitude para máscaras, xa as ten concedidas.
Quen non pode presentar solicitude para máscaras?
O alumnado que presentou solicitude para material escolar e resultou excluído por superar o nivel de renda.
Quen pode presentar solicitude para máscaras?
- o alumnado que presentou solicitude de material escolar e non se lle concedeu o vale de 50€ por unha causa que non fose “superar o nivel de renda”.
- o alumnado que non presentou solicitude de material escolar.
Como presentar unha solicitude para máscaras?
- presentarase de forma presencial no centro.
- o prazo é ata o 27 de novembro de 2020.
- documentación necesaria:
- impreso de solicitude cuberto con datos a 31/12/2018 (Anexos I e II). O impreso está dispoñible na Secretaría do instituto ou pode descargarse da convocatoria que aparece como documento adxunto a esta publicación.
- documentación complementaria segundo as circunstancias (resumida no documento anexo).
Poden consultar a convocatoria íntegra nos documentos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria íntegra_Orde_6_novembro.pdf | 608.65 KB |
Anexos I e II.pdf | 136.44 KB |
Documentación complementaria.pdf | 23.1 KB |