Novas da Secretaría

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: ASIGNACIÓN DE PRAZA ÁS RESERVAS DOS COLEXIOS ADSCRITOS

No día de hoxe foron publicadas as listaxes co alumnado dos colexios adscritos que presentaron solicitude de reserva para cursar 1ºESO no IES de Ponte Caldelas no curso 2022-23.

Informamos de que hai suficientes vacantes e todo o alumnado que fixo reserva resultará admitido sen necesidade de presentar solicitude de admisión, bastará con que formalicen a matrícula cando se abra o prazo.

En caso de querer consultar as listaxes con máis detalle terán que facelo presencialmente no taboleiro de anuncios do centro ou telematicamente na aplicación de admisión usando a Chave 365 ou certificado dixital. 

CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2022

No día de hoxe a Consellería de Educación publicou a convocatoria de axudas para estadías no estranxeiro durante o verán de 2020 para a formación do alumnado en linguas estranxeiras.


- Están dirixidas ao alumnado que cursa Bacharelato este ano.
- O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir de mañá.


Poden consultar a información completa de linguas e países que se ofertan, condicións da axuda, requisitos para poder optar á axuda, cálculo do baremo e procedemento para presentar unha  solicitude no DOG  de hoxe ou no Portal da Consellería.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

No día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais do alumnado admitido no programa de máscaras da Consellería e non houbo ningunha solicitude excluída.

A listaxe pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación Fondolibros entrando con Chave 365 ou certificado dixital.

Agora ábrese un prazo de 2 días para posibles reclamacións e despois publicarase a listaxe definitiva.

A axuda consistirá nun lote de cinco máscaras lavables que se repartirán ao regreso das vacacións de Nadal e serán suficientes para o resto do curso lectivo. O alumnado que está na listaxe provisional xa foi consultado sobre a talla para avanzar co pedido.

Para máis información, diríxanse á Secretaría.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO (CURSO 2021-2022)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai distribuir máscaras entre o alumnado e o pasado 12 de novembro publicou os criterios e o procedemento que se seguirá. Poden consultar a convocatoria íntegra nos documentos adxuntos.

Quen pode recibir a axuda?
O alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial que cumpra algún destes requisitos:
- teña unha renda per cápita non superior a 6000€.
- estea matriculado en educación especial, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou estea baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Quen ten xa concedida a axuda para máscaras?
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022; é dicir, o alumnado ao que lle foi concedido o vale de 50 € para material escolar.
Este alumnado non precisa facer solicitude para máscaras, xa as ten concedidas.

Quen pode presentar solicitude para máscaras?
- o alumnado que presentou solicitude de Fondolibros e non se lle concedeu o vale de 50€ por unha causa que non fose “superar o nivel de renda”, por exemplo, por entregar fóra de prazo ou por ter documentación pendente.
- o alumnado que non presentou a solicitude de Fondolibros.

Como presentar unha solicitude para máscaras?
- presentarase de forma presencial no centro onde estea matriculada/o a/o alumna/o.
- o prazo é ata o 26 de novembro de 2021.
- documentación necesaria:

CALENDARIO DO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Publícase o calendario asociado ás eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar.

 

SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 O día 29 de outubro fíxose o sorteo para establecer a composición dos membros da Xunta Electoral.

 

 CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 O día 3 de novembro de 2021, segundo as datas estipuladas , queda constituída a Xunta Electoral que supervisará o procedemento de eleccións de renovación do Consello Escolar. Da súa primeira reunión, sairán aprobados o calendario e os procedementos de participación.

 

 CALENDARIO NOVEMBRO

 DÍA 8

  •  Publicacións censos electorais
  • Apertura de prazo para reclamación aos censos

 

DIA 9

  •  Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas aos distintos sectores convocados

 

DÍA 12

  • Ás 11:30 horas claustro extraordinario informativo e constitución da mesa electoral para a elección dos representantes do profesorado.

 

DÍA 15

  • Ás 14:25 horas remata o prazo para presentar reclamacións aos censos.